ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2010/03/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.536/1.2010-03-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/03/03_Ordinaria

  • Data(s) 2010-03-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día tres de marzo do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17858.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 19 de febreiro de 2009. 2.17859.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PORRIÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002324 DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN FASE III POLÍGONO DE TORNEIROS” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002324, denominado “Pavimentación fase III Polígono de Torneiros”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Porriño a cantidade de 83.232,72 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002324, denominado “Pavimentación fase III Polígono de Torneiros”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 82.232,72 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 3.17860.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PORRIÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002325 DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO VECIÑAL A GUÍA-ATIOS” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002325, denominado “Pavimentación camiño veciñal A Guía-Atios”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Porriño a cantidade de 63.722,28 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002325, denominado “Pavimentación camiño veciñal A Guía-Atios”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 63.722,28 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.17861.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PORRIÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002328 DENOMINADA “SANEAMENTO, ACOMETIDAS E CAPA DE RODADURA EN CAMIÑO VECIÑAL DE A PORTELA Á TORRE EN ATIOS” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011. Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002328, denominado “Saneamento, acometidas e capa de rodadura en camiño veciñal de A Portela a Torre en Atios”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Porriño a cantidade de 231.985,04 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002328, denominado “Saneamento, acometidas e capa de rodadura en camiño veciñal de A Portela a Torre en Atios”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 127.433,14 euros Exercicio 2010: 104.551,90 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. O exercicio 2010 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.17862.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PORRIÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002329 DENOMINADA “SANEAMENTO, ACOMETIDAS E CAPA DE RODADURA EN EIRÍS-BUDIÑO” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002329, denominado “Saneamento, acometidas e capa de rodadura en Eirís-Budiño”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Porriño a cantidade de 160.574,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002329, denominado “Saneamento, acometidas e capa de rodadura en Eirís-Budiño”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 160.574,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.17863.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PORRIÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002330 DENOMINADA “SANEAMENTO, ACOMETIDAS E CAPA DE RODADURA NA DEVESA E A CHAN -BUDIÑO” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002330, denominado “Saneamento, acometidas e capa de rodadura na Devesa e a Chan-Budiño”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Porriño a cantidade de 181.367,67 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002330, denominado “Saneamento, acometidas e capa de rodadura na Devesa e Chan-Budiño”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 74.699,38 euros Exercicio 2011: 106.668,29 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Así mesmo, a anualidade de 2011 contabilizarase con carto á aplicación orzamentaria correspondente quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.17864.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SILLEDA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002411 DENOMINADA “MELLORAS DOS CAMIÑOS: PONTE, ALDEA GRANDE, MARTIXE, O CASTRO, RIBEIRAO 1, RIBEIRAO, ETC.” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002411, denominado “Melloras dos camiños: Ponte, Aldea Grande, Martixe, O Castro, Ribeirao 1, Ribeirao, etc.” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Silleda, con CIF núm. P3605200I, a cantidade de trescentos trinta e un mil seiscentos noventa e un euros con once céntimos (331.691,11 €), para a realización do investimento núm. 2009002411, denominado “Melloras dos camiños: Ponte, Aldea Grande, Martixe, O Castro, Ribeirao 1, Ribeirao, etc.”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 331.691,11 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A anualidade 2009 contabilizarase con cargo á aplicación 10/942.942.652.45.2009 do orzamento provincial para o ano 2010, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó presente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.17865.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SILLEDA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002415 DENOMINADA “MELLORA DE CAMIÑOS: RELLAS, DORNELAS, PIÑEIRO, GRAVA, MOALDE, CIRA, ESCUADRO, PARADA” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002415, denominado “Mellora de camiños: Rellas, Dornelas, Piñeiro, Grava, Moalde, Cira, Escuadro, Parada” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Silleda, con CIF núm. P3605200I, a cantidade de cento cincuenta mil oitocentos cincuenta e sete euros con corenta e oito céntimos (150.857,48 €), para a realización do investimento núm. 2009002415, denominado “Mellora de camiños: Rellas, Dornelas, Piñeiro, Grava, Moalde, Cira, Escuadro, Parada”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 20.025,07 euros Exercicio 2010: 20.356,09 euros Exercicio 2011: 110.476,32 euros A anualidade 2009 contabilizarase con cargo á aplicación 10/942.942.652.45.2009 do orzamento provincial para o ano 2010, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó presente exercicio. Así mesmo na aplicación 10/942.942.652,45 existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2010. A anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspóndete, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.17866.- RENUNCIA QUE FORMULA A ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA ( CALDAS DE REIS) Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2009 NO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-ACTIVIDADES, PARA A ACTIVIDADE NÚM. 327 “DÍA DE ESPARCEMENTO E OCIO” Dada conta da renuncia presentada pola Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, á subvención de 3.000,00 euros concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 28.17087 de 8 de xullo do 2009, para a Actividade núm. 327, denominada “Día de esparcemento e ocio”, incluída no Plan de Acción Municipal-Actividades 2009, partida 09/911.911.462.00, sendo imposible a súa xustificación debido a que dita actuación non se puido levar a cabo no prazo referencial obrigatorio, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia presentada pola Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, á subvención de 3.000,00 euros concedida no ano 2009 dentro do Programa de Acción Municipal para a Actividade núm. 327, “Día de esparcemento e ocio”. 10.17867.- RENUNCIA QUE FORMULA O CONCELLO DE SILLEDA A SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2009 NO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-ACTIVIDADES, PARA A ACTIVIDADE NÚM. 276 “BALONCESTO” Dada conta da renuncia presentada polo Concello de Silleda, á subvención de 1.000,00 euros concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 8.17122, de 22 de xullo do 2009, para a Actividade núm. 276, denominada “Baloncesto”, incluída no Plan de Acción Municipal-Actividades 2009, partida 09/911.911.462.00, sendo imposible a súa xustificación debido a que por motivos de contabilidade non chegou a facerse gasto en dita actividade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia presentada polo Concello de Silleda, á subvención de 1.000,00 euros concedida no ano 2009 dentro do Programa de Acción Municipal para a Actividade núm. 276 “Baloncesto”. 11.17868.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DUNHA AXUDA Ó “INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PUBLICACIÓNS E PROMOCIÓN DO MEDIO MARIÑO 2007 Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo ó “Recoñecemento da obriga polo procedemento extraxudicial de crédito e declaración de aboo dunha axuda ó “Instituto de Estudos Miñoranos”, dentro do programa de axudas á entidades sen ánimo de lucro para publicacións e promoción do medio mariño 2007”. 12.17869.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓN DIRIXIDAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL ANO 2010 Nesta anualidade 2010, a Deputación de Pontevedra promove unha nova convocatoria de subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social que traballen de forma habitual con colectivos coma: familia, infancia, mocidade, discapacidade, drogodependencia, minorías étnicas, etc… cunha dotación orzamentaria de 300.000,00 €, que se resolverán polo réxime de concorrencia competitiva, segundo o baremo establecido nas Bases Reguladoras desta convocatoria, polo que, á vista dos informes do día 2 e 11 de febreiro de 2010, emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras das Subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social, ano 2010, cunha dotación orzamentaria de 300.000,00 € na Partida 10/230.233.480.02 do vixente orzamento provincial. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL CON SEDE SOCIAL OU DELEGACIÓN PERMANENTE E CONTÍNUA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS-ANO 2010. Tendo en conta os artigos 14, 35 e 49 da Constitución Española que fan referencia a que todos os españois son iguais ante a lei sen discriminación por razóns de raza,…, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social; que todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo e que os poderes públicos levarán a cabo unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e tratamento coas persoas con discapacidade, que lles prestarán a atención especializada que precisen e que os ampararán de forma especial para que disfruten dos dereitos que se outorgan a todos os cidadáns, a Deputación Provincial de Pontevedra, consciente das dificultades de numerosos colectivos para acadar a súa inserción social ou sociolaboral, convoca subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para a realización de proxectos formativos de Servizos Sociais Especializados encamiñados fundamentalmente á formación de colectivos específicos que lles permita incrementar as súas posibilidades e, en consecuencia, maiores oportunidades para súa integración sociolaboral ou social de acordo coas seguintes. C L Á U S U L A S PRIMEIRA. Obxecto e destinatarios. Apoiar a entidades de iniciativa social (privadas e sen ánimo de lucro) que traballen de forma habitual en programas ou proxectos de formación ou capacitación orientados á integración sociolaboral ou social dos colectivos ou sectores de poboación que a continuación se especifican e que dispoñan dunha sede social ou delegación permanente e continua na Provincia de Pontevedra. As áreas de intervención, definidas en función dos sectores de poboación e das problemáticas diferenciadas que se aborden en cada unha delas son: - Familia, infancia e mocidade. - Discapacidade. - Drogodependencias (incluídas as legais). - Minorías étnicas, inmigrantes e emigrantes retornados. - Reinserción de poboación penitenciaria. - Outras problemáticas de exclusión ou marxinación social. As entidades que soliciten unha subvención deben ter como finalidade institucional, recollida no seus estatutos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, o apoio ou defensa dos colectivos para os que solicitan a subvención. Considéranse Servizos Socias Especializados segundo a Lei 13/2008 de 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, aqueles que “están referenciados a un sector de poboación ou a unha necesidade determinada que demandan unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal”. Non serán obxecto de subvención con cargo a esta convocatoria: - As solicitudes presentadas por Asociacións de carácter profesional. - As actividades dirixidas á Persoas Maiores o Mulleres por contar con axudas específicas a través do Servizo de Acción Social da Deputación. - As peticións dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación ou a entidade solicitante conte con eles para o desenvolvemento das actividades que organiza. - As actividades informativas, de asesoramento ou formativas anuais que forman parte da actividade xeral da Asociación durante todo o ano. - As solicitudes presentadas por Entidades que teñan asinado ou vaian a asinar un convenio para o desenvolvemento de programas concretos e específicos no presente exercicio, sempre que a contía de ambos non supere 30.000,00 €. No caso de que a decisión de establecer un convenio fose posterior á aprobación dunha subvención dirixida á presente convocatoria, a Asociación deberá renunciar a unha delas. - Aquelas entidades que non tiveran xustificadas subvencións de exercicios anteriores. SEGUNDA. Accións a subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas aquelas accións que se desenvolvan durante o ano 2010, dende o 15 de marzo ó 15 de novembro. As accións formativas obxecto de subvención desenvolveranse en función dos seguintes apartados: 1. Accións formativas para a integración laboral dos colectivos ou sectores de poboación obxecto de atención. (Apartado 1 do ANEXO 3) Todos os proxectos: obradoiros, cursos, accións formativas de capacitación etc. de servizos sociais especializados, estarán orientadas a potenciar os coñecementos de ditos colectivos para facer viable a súa integración laboral. Primaranse, segundo queda recollido no citado apartado do anexo 3, aquelas accións que inclúan no programa módulos de prácticas en empresas, realicen formación no posto, emprego con apoio e/ou firmen compromiso de contratación dalgún usuario da actividade por un período mínimo de seis meses, situación que terá que facerse efectiva no momento da xustificación da subvención. Nestes proxectos de integración laboral as horas destinadas á formación específica para a que se solicita a subvención, deberá ser superior ó 80% do cómputo total de horas dedicadas ó mesmo. Tamén recibirán apoio económico as accións de carácter prelaboral, ocupacional, nun Centro Especial de Emprego e a posta en marcha de fórmulas de emprego, como as cooperativas… e o autoemprego. 2. Accións Formativas dos colectivos obxecto de atención para a súa integración socio-familiar. (Apartado 2 ANEXO 3) Inclúense neste apartado todas aquelas accións de carácter socioeducativo, sociosanitario ou formativo que teñan como obxectivo que estas persoas acaden unha participación social que lles proporcione ou facilite unha maior autonomía e, en consecuencia, unha mellor calidade de vida tanto para elas como para as súas familias. 3. Accións formativas orientadas ás familias, coidadores e outros axentes sociais. Neste apartado (3 do ANEXO 3) inclúense, por unha banda, os cursos formativos nas materias relacionadas coa problemática obxecto de atención por parte das entidades solicitantes orientados á integración laboral de familiares, coidadores ou outros profesionais e por outra, aquelas accións de información-formación e de apoio dirixidas ós mesmos colectivos, nos que se fomente a capacitación laboral e o aprendizaxe de habilidades sociais, coidados propios da problemática específica ós que van dirixidos etc., buscando un triplo obxectivo: a. Cubrir as necesidades de atención dos colectivos de atención, b. Dotar á figura do coidador da formación necesaria para o coidado óptimo do afectado mellorando deste xeito a calidade de vida de ambos e c. Desenvolver unha bolsa de traballo de profesionais cualificados naquelas asociacións onde se organicen os cursos ou actividades. 4. Prevención, sensibilización e divulgación. (apartado 4, ANEXO 3) Actividades ou campañas dirixidas a todos os ámbitos de actuación, axentes provedores de recursos (profesionais), poboación en xeral, colectivos, familiares etc. nas áreas correspondentes. Neste tipo de accións non se contabiliza o número de horas invertidas no desenvolvemento das mesmas, se non que se valoran as accións a desenvolver. 5. Federacións ou Confederacións de Asociacións. Este apartado recolle a realización de proxectos de integración laboral nos que deberán participar usuarios/as de diferentes asociacións ou federacións que integren ás Federacións ou Confederacións solicitantes de subvencións. As accións a desenvolver estarán referidas a unha formación específica, non básica (esta será competencia de cada Asociación e destinada ós seus usuarios), que lles permita acadar á súa integración laboral, formación que deberá complementarse con prácticas en empresas públicas ou privadas e, no seu caso, con un axente de apoio ou preparador laboral (Formación no posto) durante a práctica laboral ou en casos de emprego con apoio (avalaranse ditos casos con contrato laboral e apoio dun preparador laboral). Nos proxectos de integración laboral as horas destinadas á formación teórica e práctica obxecto do proxecto para o que se solicita a subvención, deberá ser superior ó 80% do cómputo total de horas dedicadas ó mesmo. TERCEIRA. Cursos. - Considéranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizará o número de horas que a Asociación fai constar no seu proxecto. - No caso de elixir un curso formativo como acción a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de usuarios. No caso de dividilo, o cómputo de horas a realizar non será a suma das horas dos grupos nos que se divida, se non as que realice un so grupo. - Só se subvencionarán cursos entre 100 e 300 horas de duración. - Na realización das accións recollidas nos apartados 1, 2 e 3 do “ANEXO 3” só se contabilizarán as horas reais da impartición da acción programada. - O Profesorado que imparta os cursos ou as actividades formativas programadas, deberá ter unha formación específica corresponde ós mesmos e facela constar no proxecto (Anexo 2) ou comunicala no momento de concretala. - O proxecto, tanto para a concesión da subvención como no momento da xustificación, terá que presentar coherencia interna (obxectivos, contidos en relación co nº de horas solicitadas, accións desenvolvidas, resultados e relación entre todo isto e a xustificación presentada…). - Considérase “práctica laboral en Empresa” aquela que se realiza sen apoio técnico; “formación no posto”, cando a práctica é acompañada por un preparador laboral e “emprego con apoio” cando existe un contrato de traballo e acompañamento dun preparador laboral. CUARTA. Financiamento. A contía, que se consignará para este fin na aplicación 10/230.233.48002 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial, ascenderá a 300.000,00 €, que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida. No caso de que unha vez valoradas as solicitudes o importe das subvencións supere o orzamento destinado ás mesmas, darase prioridade a aquelas que, reunindo todos os requisitos, se atopen incluídas no apartado 1 da cláusula segunda. En caso de igualdade, terase en conta a data e o número do Rexistro de entrada da Deputación. QUINTA. Requisitos. 1. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e deberán estar legalmente constituídas e constar recollidas no rexistro correspondente da Xunta e, si é o caso, como entidade prestadora de servizos sociais no rexistro no que está inscrita. 2. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto, debidamente cumprimentado e que recolla cada un dos apartados que se sinalan no “ANEXO 2”. O orzamento deberá ser detallado especificando concepto e valoración económica. 3. En toda a publicidade que as Asociacións fagan sobre a actividade subvencionada, terase que facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. Consideracións: 1. No caso de que unha Asociación presente varios proxectos, só será seleccionado un deles. 2. No caso das Federacións ou Confederacións de asociacións axustaranse ó referido ás mesmas na Cláusula 2ª. SEXTA. Concesións. 1. Só terán dereito a recibir unha subvención aquelas asociacións que no momento da concesión das axudas do 2010 tiveran xustificada ou rexeitada por escrito a actividade subvencionada pola Deputación en anos anteriores e se axusten ó contido da presente convocatoria. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno. 3. O prazo máximo para a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a resolución que se dite na vía administrativa. Transcorrido o mesmo prazo sen que se comunique a concesión da subvención, entenderase esta desestimada por silencio administrativo, tal como se recolle no punto 5 do artigo 25 da Lei Xeral de Subvencións. SÉTIMA. Documentación. Presentarase no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, debidamente cumprimentadas. 1. Solicitude, no modelo normalizado “ANEXO 1” que se facilitará no Rexistro Xeral da Deputación (Pontevedra ou Oficina de Vigo), no Servizo de Acción Social ou na páxina web da Deputación: 2. Proxecto “ANEXO 2”: debidamente cumprimentado, asinado e selado e o apartado destinado ó orzamento detallado especificando concepto e contía. En canto ós datos referidos ó apartado 3 (Proxecto) axuntaranse en documento aparte os seguintes apartados: Presentación concisa e concreta do Proxecto. Obxectivos en función da tipoloxía do mesmo (Anexo 3). Cronograma. Tipo de práctica no caso de que esta se realice en Empresa. Expectativas previstas. Formación da persoa/as que vai impartilo e lugar de celebración. No caso de realización de prácticas en Empresa a Asociación deberá deixar constancia de que o usuario estará cuberto por un seguro de responsabilidade civil. 3. Fotocopia cotexada do DNI do representante legal da Asociación. 4. Acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade ou copia da acta correspondente compulsada. 5. CIF da entidade cotexado. 6. Documento de estar incluído no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Consellería de T. e Benestar. 7. No momento de presentar a solicitude: declaración, no “Anexo 4.1”, do/a presidente/a da Asociación no que constan: - A relación de Axudas solicitadas pola Asociación e/ou xa concedidas para a mesma finalidade. - Que a Asociación e o declarante non se atopan incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Autorización do/a presidente/a da Asociación á Deputación para obter documento de rexistro correspondente. 8. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial De non presentarse a documentación solicitada, as deficiencias poderán ser subsanadas segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, nun prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita á petición. Nota: Sempre que se produzan cambios na xunta directiva ou na dirección da Asociación haberá que comunicalos ós Servizos Sociais da Deputación. OITAVA. Prazos de presentación. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP. NOVENA. Contía das subvencións. Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento, seguindo os criterios expostos no “Anexo 3” tendo en conta que as contías máximas a subvencionar serán as seguintes: 1. Para proxectos formativos dirixidos á integración laboral das persoas a formar: 6.000,00 €. (baremo 1). Sempre que a contía da subvención non supere a contía máxima establecida nesta cláusula engadiranse: - 2,00 € por cada hora de práctica na empresa, sen preparador laboral, xustificada e ata un máximo de 50 horas. - 4,00 € por cada hora xustificada de práctica na empresa con preparador laboral (formación no posto) e nos casos de emprego con apoio (situación no compatible co caso anterior) ata un máximo de 100 horas. - 300,00 € á Asociación pola contratación nunha empresa ordinaria, debidamente xustificada, de cada usuario unha vez rematado o curso, por un período mínimo de 6 meses. Neste caso a axuda poderá superar a contía máxima prevista neste apartado. 2. Para proxectos de formación prelaboral, ocupacional ou en Centro Especial de Emprego das persoas obxecto de formación: 4.000,00 €. (baremo 2). 3. Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: ata un máximo de 7.200,00 € que estará en función da contía do proxecto. Esta subvención terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula ou os gastos de persoal. 4. Para proxectos de formación para integración socio-familiar das persoas obxecto de formación: 4.000,00 € (baremo 2). 5.Proxectos formativos de familiares, coidadores e outros axentes sociais: - Para cursos formativos dirixidos á inserción laboral: 6.000,00 € (baremo 1) - Para accións de información-formación e de apoio etc.: 2.000,00 € (baremo 3) 6. Para actividades de Prevención, sensibilización, divulgación: 2.200,00 €. En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superar o custo total da actividade. DÉCIMA. Modificación das subvencións. Unha vez recaída a resolución da concesión, excepcionalmente e por causas xustificadas, poderase solicitar o cambio da subvención polo que respecta ó contido ou nomenclatura da actividade ou a reformulación de horas lectivas. A nova subvención deberá ser outorgada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, deberá respectar os requisitos da presente convocatoria. DÉCIMO PRIMERA. Xustificación e Pagamento. As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade, de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións, como data límite o 8 de decembro. Excepcionalmente, previa solicitude da entidade interesada e trala exposición das causas, o órgano competente poderá conceder unha prórroga para o remate da actividade ata o 30 de xaneiro de 2011, non podendo realizarse neste período mais dun terzo do número total de horas recollidas no proxecto presentado pola entidade no momento da solicitude e aprobado polo citado órgano, e para a xustificación da mesma ata o 15 de febreiro de 2011. En relación á solicitude de ampliación do prazo xustificativo, terá que ser efectuada antes de que remate o mesmo e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiro (art. 70 RLXS). En aplicación do artigo 31 do Regulamento da LXS, débense xustificar as medidas de difusión do financiamento público da actividade e para proceder ó pago o preceptor de calquera subvención terá que acreditar non ser debedor da facenda provincial (art. 18-f) RLXS. Xustificación da subvención. Para xustificar o cumprimento e posterior pagamento da subvención é necesario presentar: 1. Memoria, asinada e selada, explicativa da actividade realizada indicando ademais do seu nome, unha breve descrición da mesma, nº de horas impartidas, teóricas e prácticas (salvo no caso das subvención recollidas no apartado 4 do anexo 3), prácticas laborais, si se cumpriron os obxectivos e as expectativas previstas cara o usuario proxecto presentado coa solicitude, repercusión social, nome e D.N.I. dos monitores e formación específica Tamén se fará constar que a relación de participantes e o seu D.N.I. consta nos arquivos da Asociación a disposición da Deputación si así o requirise. 2. No caso de práctica laboral farase constar a existencia dun seguro de responsabilidade civil para os participantes en dita práctica. 3. No caso de emprego con apoio farase constar a existencia de contrato do usuario na empresa ordinaria. 4. Declaración de axudas segundo ANEXO 4.2, modelo normalizado que se pode atopar na páxina web da Deputación. 5. Difusión publicitaria da subvención. 6. Conta xustificativa de gastos, “ANEXO 5”, polo importe do orzamento total da actividade presentado pola Asociación na súa solicitude. 7. Xustificación dos gastos, por importe da subvención concedida pola Deputación, con facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o Rd. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos, especificando gastos por conceptos e sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto. 8. Certificación de datos bancarios. DÉCIMO SEGUNDA. Reintegro. No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegrar a cantidade percibida á Deputación. DÉCIMO TERCEIRA. Infraccións e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. DÉCIMO CUARTA. Control. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que leve a cabo a Deputación Provincial, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO QUINTA. Dereito Supletorio. En todo o que non prevexa as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións e demais lexislación de pertinente aplicación. Anexos da convocatoria: Todos os anexos referidos nas presentes bases para a solicitude de subvencións, poderán atoparse na páxina web da Deputación www.depo.es. Os documentos que se anexan son os seguintes: Anexo 1: Solicitude de axudas para a realización de accións de Servizos Sociais Especializados. Anexo 2: Proxecto para realizar Servizos Sociais Especializados. Anexo 3: Actividades subvencionadas e baremo. Anexo 4.1: Declaración axudas para realizar accións de Servizos Sociais Especializados. Anexo 4.2-Anexo 5: Conta xustificativa. 13.17870.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR (2º GRUPO) A Deputación de Pontevedra pon en marcha no ano 2010 o Programa Saúde e Benestar, dirixido a persoas de 50 anos ou máis, pensionistas ou con necesidade de respiro familiar, cunha dotación económica de 90.000,00 €, e unha oferta de 1.730 prazas, consistindo en pasar seis días e cinco noites nun hotel con spa ou talaso da nosa Provincia, en réxime de pensión completa, polo que á vista dos antecedentes que obran no expediente e do informe de 1 de marzo, emitido pola intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión das subvencións do Programa Saúde e Benestar (2º grupo) para 487 persoas, cun gasto total de 25.324,00€. O listado de ditas subvencións comeza co nome Dª Carmen Rubianes Caldas do Concello de Caldas de Reis con data de rexistro 16/02/10 e remata co nome DªMercedes Telmo Pérez do Concello de Sanxenxo e data de rexistro 22/02/10. 14.17871.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA CAMIÑA CON NOS (1º GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa “Camiña con nós”, pola Xunta de Goberno de 16 de decembro de 2009, como programa dirixido ós alumnos/as de 3º e 4ºda E.S.O. dos centros públicos, privados e concertados da nosa provincia, coa finalidade de darlles a coñecer a Ruta Xacobea, en especial o Camiño Portugués, cunha dotación económica de 116.375,00 € e unha oferta de 7.758 prazas e comprobado o primeiro grupo de solicitudes presentadas, á vista do informe emitido o 1 de marzo pola intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión das subvencións do programa “Camiña con nós” (1ºgrupo), para un total de 2.050 alumnos/as de 3º e 4º da E.S.O. dos Centros de Ensinanza Secundaria da nosa provincia, polo importe de 30.750,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do vixente orzamento provincial. O listado de subvencións é o seguinte: Colexios nº Alumnos/As Importe € IES CASTELAO 69 1.035 € ESCOLAS NETO 36 540 € IES RAMÓN CABANILLAS 30 450 € IES DE MOS 30 450 € COLEXIO SAGRADA FAMILIA 34 510 € CPR ÁNGEL DE LA GUARDIA 35 525 € COLEXIO CALASANCIO 62 930 € COLEXIO MONTERREY 22 330 € COLEXIO LA INMACULADA 21 315 € IES DE MEAÑO 49 735 € CPR SANTIAGO APÓSTOL 24 360 € CPI CURROS ENRÍQUEZ 27 405 € CPR SANTO TOMÁS 47 705 € IES SANTOMÉ DE FREIXEIRO 74 1.110 € CPR SAN FERMÍN P.P. SOMASCOS 68 1.020 € INSTITUTO ROSAIS 2 34 510 € COLEXIO MARISTAS "EL PILAR" 66 990 € COLEXIO DIVINO SALVADOR 35 525 € CPI DA CAÑIZA 35 525 € COLEXIO SAN NARCISO 86 1.290 € IES DE POIO 70 1.050 € IES REPÚBLICA ORIENTAL URUGUAY 31 465 € IES A XUNQUEIRA I 20 300 € COLEXIO N.S. ESPERANZA 23 345 € IES ILLA DE TAMBO 26 390 € CPI DA RIBEIRA 22 330 € IES VAL DO TEA 30 450 € IES FREI MARTÍN SARMIENTO 55 825 € COLEXIO EL CASTRO 92 1.380 € IES MANUEL ANTONIO 24 360 € CPR SAN FRANCISCO 37 555 € COLEXIO SAN JOSÉ DE LA GUÍA 40 600 € CPR SANTA MARÍA-MARISTAS 20 300 € COLEXIO SAGRADO CORAZÓN 151 2.265 € CPI SANTA LUCIA 53 795 € COLEXIO LOSADA 45 675 € IES MONTE CARRASCO 45 675 € IES COTOBADE 17 255 € IES BEADE 39 585 € IES AS BIZOCAS 40 600 € COLEXIO FILIPENSE-SAGRADA FAMILIA 41 615 € COLEXIO LAR 37 555 € IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR 35 525 € IES FRANCISCO SÁNCHEZ 66 990 € IES RIBEIRA DO LOURO 50 750 € CPI MANUEL SUÁREZ MAQUIER 30 450 € IES DE BARRO 27 405 € 2.050 Alumnos/As 30.750 € 15.17872.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantía definitiva á empresa Publicidade Terceiro Milenio, S.L. A empresa Publicidade Terceiro Milenio, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Prestación de servizos de publicidade no periódico “Xornal XXI”. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Gabinete de Comunicación e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento cincuenta e cinco euros (1.155,00 €), para responder do contrato relativo á “Prestación dos servizos de publicidade no periódico Xornal XXI” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/06/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900050549. b) Devolución de garantía definitiva á empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. (Tele Salnés) A empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. (Tele Salnés), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Prestación de servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web www.canalriasbaixas.com. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Gabinete de Comunicación e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de tres mil novecentos cincuenta e catro euros con trinta e un céntimos (3.954,31 €), para responder do contrato relativo á “Prestación dos servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web www.canalriasbaixas.com”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/10/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800087932, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c) Devolución de garantía definitiva á empresa Editorial Compostela, S.A. A empresa Editorial Compostela, S.A., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Prestación dos servizos de publicidade no xornal “El Correo Gallego”. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Gabinete de Comunicación e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil cincocentos oitenta e seis euros con vinte e un céntimos (2.586,21 €), para responder do contrato relativo á “Prestación de servizos de publicidade no xornal El Correo Gallego”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900001419. d) Devolución de garantía definitiva á empresa Lérez Ediciones, S.L. A empresa Lérez Ediciones, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Gabinete de Comunicación e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seis mil novecentos corenta e catro euros con dez céntimos (6.944,10 €), para responder do contrato relativo á “Prestación de servizos de publicidade no xornal Diario de Pontevedra” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900060959, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. e) Devolución de garantía definitiva á empresa Editorial La Capital, S.L. A empresa Editorial La Capital, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Gabinete de Comunicación e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de tres mil dezasete euros con vinte e catro céntimos (3.017,24 €), para responder do contrato relativo á “Prestación de servizos de publicidade no xornal Diario de Arousa”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900001679. f) Devolución de garantía definitiva á empresa Spica, S.L. A empresa Spica, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Subministro e instalación dun sistema dixital de debates e reforzo de megafonía para o salón de plenos do Pazo Provincial. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe da Unidade de Mantemento do Pazo Provincial e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cento noventa e nove euros con oitenta céntimos (1.199,80€), para responder do contrato relativo ó “Subministro e instalación dun sistema dixital de debates e reforzo de megafonía para o salón de plenos do Pazo Provincial”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/07/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700063586, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. g) Devolución de garantía definitiva á empresa Claro Sol, S.A. A empresa Claro Sol, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituidas para responder dunha serie de contratos. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe da Unidade de Mantemento do Pazo Provincial e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de catro mil trescentos vinte euros (4.320,00 €), para responder do contrato relativo á “Prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/06/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500063019, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de cento setenta e dous euros con oitenta céntimos (172,80 €), para responder do contrato relativo á “Revisión de prezos formalizado coa empresa Claro Sol, S.A.”, para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/09/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600081288. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de douscentos once euros con corenta e dous céntimos (211,42 €), para responder do contrato relativo á “Revisión de prezos formalizado coa empresa Claro Sol, S.A.”, para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800078705, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. h) Devolución de garantía definitiva á empresa Claro Sol, S.A. A empresa Claro Sol, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Prestación do servizo de limpeza das dependencias da Finca Mouriscade. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe de Servizo da Finca Mouriscade e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de oitocentos trinta e oito euros (838,00 €), para responder do contrato relativo á “Prestación do servizo de limpeza das dependencias da Finca Mouriscade”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 5/02/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800007930, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. i) Devolución de garantía definitiva á empresa Xestión Cultural Áurea, S.L. A empresa Xestión Cultural Áurea, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Organización e impartición das actividades do programa social “Ti Tamén Contas” (Resto da fianza). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos pola Xefa do Servizo de Acción Social e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de catrocentos euros (400,00 €), para responder do contrato relativo á “Organización e impartición das actividades do programa social “Ti Tamén Contas”- Parte restante da fianza”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900028597, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. j) Devolución de garantía definitiva á empresa Servicio del Automatismo del Metal, S.L.U. A empresa Servicio del Automatismo del Metal, S.L.U., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Deseño, subministración e instalación de marquesiñas de autobús para la provincia de Pontevedra. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos pola Enxeñeiro Xefe da Oficina Técnica e Proxectos e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de vinte e catro mil euros (24.000,00 €), para responder do contrato relativo ó “Deseño, subministración e instalación de marquesiñas de autobús para a provincia de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/02/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700010076, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. k) Devolución de garantía definitiva á empresa Opain, S.L. A empresa Opain, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Construción do pavillón municipal de Coirón-Dena (Meaño). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de cento dez mil seiscentos noventa e seis euros con corenta e oito céntimos (110.696,48 €), para responder do contrato relativo á obra “Construción de pavillón municipal de Coirón-Dena (Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/06/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500064108, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. l) Devolución de garantía definitiva á empresa Opain, S.L. A empresa Opain, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Proxecto modificado de construción do pavillón municipal de Coirón-Dena (Meaño). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de sete mil catrocentos dezanove euros con vinte e seis céntimos (7.419,26 €), para responder do contrato relativo á obra “Proxecto modificado de construción de pavillón municipal de Coirón-Dena (Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/01/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700005660, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 16.17873.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.17874.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CATOIRA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002307, DENOMINADA “SANEAMENTO CACHOPEIRAS, TARRÍO, AS MOLLADAS E COAXE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002307, denominado “Saneamento Cachopeiras, Tarrío, As Molladas e Coaxe”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Catoira a cantidade de 100.881,80 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002307, denominado “Saneamento Cachopeiras, Tarrío, As Molladas e Coaxe”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 100.881,80 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 18.17875.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CATOIRA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002309, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN VIAIS LOCAIS ABALO-CORES-IGREXA E OUTRAS DEZ”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002309, denominado “Pavimentación viais locais Abalo-Cores-Igrexa e outras dez”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Catoira a cantidade de 135.000,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002309, denominado “Pavimentación viais locais Abalo-Cores-Igrexa e outras dez”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 135.000,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 19.17876.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE COTOBADE PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002248, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DE FRAGUAS, TRABAZO, FACHO, ETC E ACONDICIONAMENTO CAMIÑOS VARIOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002248, denominado “Pavimentación camiño de Fraguas, Trabazo, Facho, etc. e acondicionamento camiños varios”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de COTOBADE a cantidade de 247.537,33 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002248, denominado “Pavimentación camiño de Fraguas, Trabazo, Facho, etc. e acondicionamento camiños varios”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 247.537,33 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 20.17877.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE COVELO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002799, DENOMINADA “SANEAMENTO E PAVIMENTACIÓN EN PORTOPARADA-MACEIRA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002799, denominado “Saneamento e pavimentación en Portoparada-Maceira”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Covelo a cantidade de 104.599,81 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002799, denominado “Saneamento e pavimentación en Portoparada-Maceira”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 34.599,81 euros Exercicio 2011: 70.000,00 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Así mesmo, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 21.17878.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE FORCAREI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002347, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN EN PARDESOA, MORGADE, FILLOI E OUTROS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002347, denominado “Pavimentación en Pardesoa, Morgade, Filloi e outros”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Forcarei a cantidade de 100.127,86 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002347, denominado “Pavimentación en Pardesoa, Morgade, Filloi e otros”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 94.249,17 euros Exercicio 2010: 5.878,69 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Así mesmo, na aplicación 2010/942.942.652.45 existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2010. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 22.17879.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA GUARDA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002273, DENOMINADA “URBANIZACIÓN RÚA RAMÓN SOBRINO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002273, denominado “Urbanización rúa Ramón Sobrino”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello da Guarda a cantidade de 231.956,15 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002273, denominado “Urbanización rúa Ramón Sobrino”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 118.651,00 euros Exercicio 2010: 60.320,00 euros Exercicio 2011: 52.985,15 euros Esta subvención, nos exercicios 2009 e 2010, contabilizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 2010/942.942.652.45.2009 e 2010/942.942.652.45 nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Así mesmo, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 23.17880.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTECESURES PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002727, DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DA PISTA E DA FONTE DE FONTAIÑA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002727, denominado “Acondicionamento da pista e da fonte de Fontaiña”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Pontecesures a cantidade de 61.380,27 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002727, denominado “Acondicionamento da pista e da fonte de Fontaiña”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 20.000,00 euros Exercicio 2010: 41.380,27 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Así mesmo, na aplicación 2010/942.942.652.45 existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2010. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 24.17881.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE REDONDELA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002256, DENOMINADA “MELLORA DA CONDUCIÓN DE ABASTECEMENTO A REDONDELA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002256, denominado “Mellora da condución de abastecemento a Redondela”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Redondela a cantidade de 669.071,60 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002256, denominado “Mellora da condución de abastecemento a Redondela”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 558.253,94 euros Exercicio 2010: 110.817,66 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 2010/942.942.652.45.2009 e 2010/942.942.652.45 nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 25.17882.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002749, DENOMINADA “SANEAMENTO EN PICOÑA, OUTEIRO E PARDERRUBIAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002749, denominado “Saneamento en Picoña, Outeiro e Parderrubias”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Salceda de Caselas a cantidade de 149.672,11 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002749, denominado “Saneamento en Picoña, Outeiro e Parderrubias”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 149.672,11 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 26.17883.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002754, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS NA PARROQUIA DE BORRALIÑO-SOBREDO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002754, denominado “Pavimentación de camiños na parroquia de Borraliño-Sobredo”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Salceda de Caselas a cantidade de 64.932,11 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002754, denominado “Pavimentación de camiños na parroquia de Borraliño-Sobredo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 64.932,11 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 27.17884.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002755, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS EN ENTENZA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002755, denominado “Pavimentación de camiños en Entenza”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Salceda de Caselas a cantidade de 109.928,40 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002755, denominado “Pavimentación de camiños en Entenza”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 102.256,50 euros Exercicio 2011: 7.671,90 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Así mesmo, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 28.17885.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOS, PARA A XUSTIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES: “CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN”, “II CARREIRA BENÉFICA OSCAR PEREIRO” E “ACTIVIDADES DEPORTIVAS NAS PARROQUIAS”, INCLUÍDAS NO PAM/2009-ACTIVIDADES A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada polo concello de Mos, para xustificar as actividades incluídas no PAM/2009-Actividades, cos núms. 156, 155 e 154, denominadas “Campus Deportivo de Verán”, “II Carreira Benéfica Oscar Pereiro” e “Actividades Deportivas nas Parroquias”, subvencionadas con 5.000,00, 3.000,00 e 2.000,00 euros, respectivamente. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 e xuño de 2010, con carácter improrrogable. 29.17886.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A FORMACIÓN DUN CONTRATO DE SERVIZOS, QUE POSIBILITE Á MOCIDADE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA UNHA FORMACIÓN NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA A Xunta de Goberno, en sesión do 3 de febreiro de 2010, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo que posibilite á mocidade da Provincia de Pontevedra unha formación na música tradicional galega, cun importe estimado de 137.931,03 euros/ano, sen IVE. A Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Plicas tivo lugar o día 1 de marzo de 2010 a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación, trasladándose posteriormente a única oferta presentada pola Asociación de bandas de gaitas e percusión da Provincia de Pontevedra para a súa valoración. O Xefe do Servizo de Cultura informa que a documentación presentada polo licitador cumpre con todos os requisitos esixidos no prego de condicións, outorgándose a puntuación de 44 puntos, de acordo cos criterios non avaliables mediante fórmulas. Reunida novamente, a mesa de contratación, con data 2 de marzo de 2010, procédese á apertura do Sobre C, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, valorándose a proposta con 12 puntos, sendo a puntuación total da oferta de 56 puntos. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación do servizo que posibilite á mocidade da Provincia de Pontevedra unha formación na música tradicional galega á Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, polo prezo de cento trinta e sete mil novecentos trinta e un euros con tres céntimos (137.931,03 €/ano), sen IVE. A cantidade correspondente ó IVE é de vinte e dous mil sesenta e oito euros con noventa e sete céntimos ano (22.068,97 €/ano). Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de observar a corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación, por importe de seis mil oitocentos noventa e seis euros con cincuenta e cinco céntimos (6.896,55 €) na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de cento trinta euros con vinte céntimos (130,20 €), en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo á partida 10/330.334.227.25 do vixente orzamento provincial. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 30.17887.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS Á DIRECCIÓN DE OBRA Visto o informe emitido por Intervención, correspondente á factura relativa á dirección de obra que máis adiante se relaciona, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo á conta non orzamentaria 419.08 (099.125), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: - Factura nº 2009/183, por un importe de 265,44 €, do Arquitecto Técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF 36.042.815 K) que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Construción de Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra” correspondente á certificación núm. 33. 31.17888.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á SOC. CULTURAL DEPORTIVA CAMPAÑÓ DO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA “ADQUISICIÓN VESTIARIO PARA A CORAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 25/06/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 25/06/08 á Soc. Cultural Deportiva Campañó do Concello de Pontevedra, con CIF: G-36.599.959, para “Adquisición vestiario para a coral”, por un importe de 889,00 €, con cargo á partida 08/451.451.789.00, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por terse presentado a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 889,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.789.00.2008 do orzamento provincial. 32.17889.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN CULTURAL CAMPO DA PICOÑA DO CONCELLO DE RIBADUMIA PARA “ACTIVIDADES FOLCLÓRICO-CULTURAIS DO DÍA DO PATRÓN”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 18/07/07 á Asoc. Cultural Campo da Picoña do Concello de Ribadumia, con CIF: G-36.501.146, para “Actividades folclórico-culturais do Día do patrón”, por un importe de 991,00 €, con cargo á partida 07/451.451.489.05, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por terse presentado a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 991,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.489.05.2007 do orzamento provincial. 33.17890.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Ó CONCELLO DE SILLEDA PARA “GASTOS DE FUNCIONAMENTO DA ESCOLA DE MÚSICA”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 26/11/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 26/11/08 ó Concello de Silleda, con CIF: P-3605200-I, para “Gastos de funcionamento da Escola de Música”, por un importe de 5.657,00 €, con cargo á partida 08/451.422.462.06, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por terse presentado a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 5.657,00 €, con cargo á aplicación 10/330.323.462.06.2008, do orzamento provincial. 34.17891.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE FAMILIARES E ENFERMOS/AS MENTAIS (LENDA) DO CONCELLO DE REDONDELA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ESCOLA DE FAMILIAS” APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Asoc. de Familiares e Enfermos/as Mentais (LENDA) con CIF: G-36.248.011, do Concello de Redondela, por un importe de 1.284,00 €, para “Escola de familias” con cargo á partida 09/451.463.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 19/02/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 35.17892.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA SOCIEDADE CULTURAL E DEPORTIVA ATLÁNTIDA DE MATAMÁ DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO PARA A CORAL” APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá con CIF: G-36.620.854, do Concello de Vigo, por un importe de 698,00€, para “Adquisición de vestiario para a coral”, con cargo á partida 09/451.451.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 30/12/09, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 36.17893.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS EMILIO CRESPO CANO DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “REPARACIÓNS NO CENTRO CULTURAL DE NAVIA” APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Asoc. de Veciños Emilio Crespo Cano co CIF: G-36.648.608, do Concello de Vigo, por un importe de 3.951,00 €, para “Reparación no Centro Cultural de Navia”, con cargo á partida 09/451.451.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 11/02/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 37.17894.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL “INAUDITA.ORG” DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “POESÍA INAUDITA 09” APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 04/11/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 04/11/2009 unha subvención a favor da Asoc. Cultural “Inaudita.org” con CIF: G-27.707.439, do Concello de Vigo, por un importe de 503,00 €, para “Poesía Inaudita 09” con cargo á partida 09/451.451.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 18/02/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 38.17895.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN PARA O ANO 2010 No Marco do IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas e con cargo á subvención que esta Deputación solicitou ó INAP para o Plan Agrupado de Formación Continua do ano 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases que terán que rexer a asistencia ás accións formativas programadas para este ano. Ditas bases son do seguinte teor: “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA PARA O ANO 2010 B A S E S: PRIMEIRA.- DESTINATARIOS: Persoal da Deputación Provincial e Organismos Autónomos e dos Concellos que se adheriron ó Plan Agrupado de Formación, do que forman parte os seguintes: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas de Morrazo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa. SEGUNDA.- NORMAS XERAIS DE INSCRIPCIÓN: 2.1.- Poderán participar nas accións formativas que se convoquen, os destinatarios contemplados na Base Primeira, que se atopen en Servizo Activo, ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, adopción internacional ou en excedencia por coidado de fillos e familiares, que poderán participar nos cursos consonte establece o artigo 57.4, e 76.4 do Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia. 2.2.- Non se poderá participar nunha actividade formativa se ó inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal, quedando automaticamente excluído/a da relación de aspirantes seleccionados. Esta circunstancia deberá ser comunicada por escrito ó Servizo de RR.HH. e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir a vacante e evitar a penalización, que suporá o non ser admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e seguinte convocatoria, así como a non expedición do Diploma correspondente á Acción Formativa na que participou. 2.3.- Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas. No caso de que se detecte con posterioridade, non se acreditará ningún dos cursos, coa salvedade dos cursos On Line e Distancia que serán compatibles co resto das modalidades. 2.4.- A falsidade ou ocultación de datos para a xestión dos cursos, dará lugar á exclusión automática do curso ou cursos solicitados, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante a actual e seguinte convocatoria, computado desde a data na que se detecte o feito. 2.5.- As persoas admitidas deberán presentar xunto co modelo de solicitude do curso unha credencial acreditativa da súa condición de empregado público. No caso dos contratados laborais temporais un documento acreditativo onde se especifique data de inicio e fin de contrato. No caso da non presentación de tales documentos será motivo de exclusión. Toda documentación remitida que non sexa orixinal deberá ser presentada debidamente compulsada. 2.5.- É obrigatorio, unha vez recibida a notificación de admisión ó curso por parte o interesado confirmar a asistencia (telefonicamente ó 986.804.100, Fax ó 986.804.141 ou e-mail a formacion@depo.es), no caso de que o profesional seleccionado decida non asistir, deberá comunicar a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, co límite de un (1) día natural de antelación á data de inicio do curso. De non facelo así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non será admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e seguinte convocatoria ó coñecemento desta circunstancia. A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades sen causa xustificada documentalmente, levará unha valoración negativa das solicitudes que realice durante a actual e seguinte convocatoria ó coñecemento do feito. 2.6.- Durante a celebración da actividade formativa levarase a cabo un control permanente de asistencia mediante os sistemas que se establezan para o efecto. Os/as alumnos/as que participen no curso terán que asinar a súa asistencia a cada unha das sesión académicas, sendo obrigatorio a presentación do D.N.I. As ausencias ocasionais do curso constarán como incidencia dentro de cada sesión para os efectos do cómputo correspondente. Poderanse realizar tamén controis de asistencia extraordinarios en calquera momento do desenvolvemento do curso. Os profesores emitirán informe indicando a avaliación dos alumnos para efectos de obtención do certificado de aproveitamento nos cursos de modalidade On Line, Distancia ou Semipresencial, declarando apto ou non apto TERCEIRA.- SOLICITUDES: As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria, anexo II cuberto en todos os epígrafes. As solicitudes dirixidas ó Sr. Presidente da Corporación Provincial, presentaranse a través do Rexistro Xeral deste Organismo Provincial ata o día 31 de marzo de 2010. Poderán ser excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan correctamente cubertos os datos necesarios para realizar o proceso de selección de alumnos. CUARTA.- AGRUPACIÓN POR ZONAS: Nas actividades formativas detalladas no anexo I agrupadas por zonas, serán destinatarios preferentes os traballadores/as dos Concellos que formen parte de cada una delas, se ben para os supostos nos que non haxa suficientes solicitudes, poderán participar os empregados/as doutros Concellos. QUINTA.- SELECCIÓN: Os participantes serán seleccionados consonte os seguintes criterios:  Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no Anexo para cada curso.  De existir máis solicitudes que prazas, terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e os obxectivos do curso.  Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais.  Terán prioridade os empregados con maior número de tempo de servizos prestados, acreditados coa certificación correspondente.  En caso de empate, terán preferencia aqueles alumnos que teñan menor número de cursos realizados no ano anterior. SEXTA.- MODIFICACIÓNS: A Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolvelas incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. SETIMA.- CERTIFICADO DE ASISTENCIA: Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa inasistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10% das horas lectivas programadas, salvo nos cursos de modalidade On line, Distancia ou Semipresencial cuxa asistencia deberá ser o 100% das horas das clases presenciais programadas e respostar ós cuestionarios de avaliación correspondentes. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado. Non se expedirán certificados nin xustificantes de asistencia sen ter superado o curso. OITAVA.- OUTROS CURSOS: Os cursos programados para o ano 2010, en colaboración có INAP, rexeranse pola súa normativa específica. Os cursos para a formación dos membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos Concellos da provincia que estean adheridos o Plan de Formación Continua da Deputación Provincial de Pontevedra rexeranse polo convenio de colaboración entre a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e o Ente Provincial para o ano 2010. Pontevedra, 3 de marzo de 2010 PRESIDENTE, Asdo.: Rafael Louzán Abal SECRETARIO, Asdo.: Carlos Cuadrado Romay” 39.17896.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 2 de marzo de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201000000054 e que contén cento dezanove facturas, sendo a primeira de Casa Rodiño, S.L., por importe de 2.996,00 € e a derradeira de Gabrat, S.L., por importe 21.207,47 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 357.664,92 € Descontos do IRPF 95,94 € Descontos do IVE soportado deducible 13,74 € Total líquido 357.582,72 € 40.17897.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA NA SESIÓN CELEBRADA O 10/02/2010, Nº 22.17731 Advertindo erro no acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión celebrada o 10 de febreiro de 2010 na que se establecía unha bonificación total no prezo público establecido, ós gandeiros da provincia, nas mostras que enviasen ó laboratorio da Finca Mouriscade solicitando analíticas de identificación de xermes causantes de mamitis e a análise química; cando debería dicir analíticas de identificación de xermes causantes de mamitis e a análise química de ensilados a todos os gandeiros da provincia de que o acrediten mediante o número de CEA que posúe cada explotación. Considerando o artigo 105 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás Administracións públicas rectificar os erros existente nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo no sentido seguinte: Onde di: “Que para o ano 2010 continúe este acordo para que os gandeiros da Provincia de Pontevedra teñan unha bonificación do 100% nas analíticas de identificación de xermes causantes de mamitis e a análise química.” Debe dicir: “Que para o ano 2010 os gandeiros da Provincia de Pontevedra, que así o acrediten mediante o número de CEA que posúe cada explotación, teñan unha bonificación do 100% nas analíticas de identificación de xermes causantes de mamitis e a análise química de ensilados.” 41.17898.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición