ATOPO
Registros actuales: 1.625.391
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2010/10/06_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.539/1.2010-10-06_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/10/06_Ordinaria

  • Data(s) 2010-10-06 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día seis de outubro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18579.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de setembro de 2010. 2.18580.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º TRIMESTRE DO ANO 2010 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, CIF: P-36.362.440, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 155.420,96€ para gastos de funcionamento do terceiro trimestre do ano 2010, e visto o informe da intervención de data 29 de setembro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 155.420,96€ ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, para o terceiro trimestre do ano 2010. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 155.420,96€ con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201000026202. 3.18581.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE PARA A ADECUACIÓN DO ADRO DA CAPELA DE SAN CIBRÁN Dada conta do anteproxecto de convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Entidade Local Menor de Bembrive para a execución do proxecto de “Adecuación do adro da capela de San Cibrán”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre as distintas institucións públicas e coas particularidades recollidas na Lei 8/1995, de 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia, rehabilitar, adecuar e realzar o contorno da capela de San Cibrán e cuxo orzamento, segundo o proxecto presentado, ascende a cantidade de cento doce mil catrocentos trinta e catro euros con doce céntimos (112.434,12€). Vistos os informes achegados polo, Director de Infraestruturas, o Secretario e a Intervención desta Deputación , a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra, e a Entidade Local Menor de Bembrive para a “Adecuación do adro da capela de San Cibrán”. - O financiamento do obxecto do convenio, distribúese segundo o seguinte esquema: EXERCICIO 2010 Achega da Deputación Achega da Entidade Local Menor de Bembrive Total 101.000,00€ 11.434,12€ 112.434,12€ A cantidade a achegar pola Entidade Local Menor de Bembrive, ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación correspondente. A cantidade a achegar pola Deputación financiarase con cargo a aplicación 10/942.943.768.00 na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Non obstante, dado que, segundo se desprende do texto do convenio, será a Deputación de Pontevedra a encargada de levar a cabo todas as actuacións necesarias para a realización da obra referida, deberá efectuarse a oportuna transferencia de crédito por importe de 101.000,00 euros, da aplicación 10/942.943.768.00 á aplicación 2010/942.943.652.02 do vixente orzamento provincial. Coas particularidades sinaladas respecto ó financiamento do investimento, o texto do convenio é o transcrito deseguido: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE PARA A ADECUACIÓN DO ADRO DA CAPELA DE SAN CIBRÁN En Pontevedra, a xx de outubro de 2010 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación desta no exercicio das facultades que ten atribuídas. D. Benito Pérez González, na súa condición de Alcalde-Pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive, en nome e representación da mesma e no exercicio das facultades que ten atribuídas. Os comparecentes interveñen en razón dos seus cargos representando as súas respectivas entidades locais, de conformidade coas competencias asignadas polos artigos 21.1, b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 61.1.a) , 105.1.a) e 145 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, art. 37 do R.d. 1690/86, de 11 de xullo e os Estatutos da Mancomunidade. As dúas partes teñen plena capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das administracións públicas. EXPOÑEN I. Que os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestión de intereses comúns, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, o 57 da Lei7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II. Que a Lei, 8/1995 de 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo 4º, punto 1, establece que os concellos teñen a obriga de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que se sitúen no seu termo municipal. III. Que a lexislación vixente en materia de réxime local lles encomenda ás Deputacións que dirixan a súa actividade a aseguraren a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal co fin de posibilitar a súa consecución real e efectiva, razón esta pola que instrumenta dito convenio para cumprir as obrigas impostas pola normativa vixente. IV. Que a Deputación de Pontevedra e a Entidade Local Menor de Bembrive, conscientes do auxe e a relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios lles atribúe a lexislación vixente como competencias locais, amosan a súa firme vontade de instrumentar, na medida en que os seus orzamentos llelo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantiren a correcta prestación dos servizos e actividades públicas e culturais da Entidade Local Menor de Bembrive. V. Que a Entidade Local Menor de Bembrive lle solicita a Deputación unha axuda económica para a “Adecuación do adro da capela de San Cibrán”. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración dos comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e a Entidade Local Menor de Bembrive é a “Adecuación do adro da capela de San Cibrán”, cun orzamento de cento doce mil catrocentos trinta e catro euros con doce céntimos (112.434,12€). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo da Entitade Local Menor de Bembrive e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización da “Adecuación do adro da Capela de San Cibrán” serán financiados, no exercicio 2010, pola Deputación de Pontevedra e a Entidade Local de Bembrive do seguinte xeito: EXERCICIO 2010 Achega Deputación Achega Entidade Local Menor de Bembrive Total 101.000,00€ 11.434,12€ 112.434,12€ A cantidade a achegar pola Entidade Local Menor de Bembrive, ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación correspondente, debendo ingresala á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. A falta de ingreso desta cantidade ou o incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor da Entidade Local que houbese na entidade provincial. No caso de que se produza unha baixa na adxudicación, unha modificación ou revisión de prezos do contrato, se aplicará ou financiará na mesma porcentaxe da achega inicial. Cuarta.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas con cargo á aplicación 10/942.943.768.00 do vixente orzamento provincial. Quinta.- A Entidade Local Menor de Bembrive obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter as correspondentes licencias e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Sexta.- Unha vez recibida a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega da mesma á Entidade Local Menor de Bembrive. Así mesmo, a Entidade Local Menor de Bembrive comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación da obra obxecto do presente convenio de modo que se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de entrega. Sétima.- A Entidade Local Menor de Bembrive deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. Oitava.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscita a súa interpretación, constituirase unha comisión de seguimento da que forman parte os asinantes, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados, que se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do organismo requirido. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. Décima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décimo primeira.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido a Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento da comisión citada na cláusula oitava, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. Décimo Segunda.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010, así como as que se aproben para o exercicio 2011. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio cultural de Galicia. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Pola Entidade Local Menor de Bembrive Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Benito Pérez González” 4.18582.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) Con data 8 de setembro de 2010 e con número de rexistro de entrada 031575, o Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios expón que “Con data 20 de setembro de 2007, a Comisión Europea aprobou o Programa Operativo de Cooperación Territorial Europea relativa á Cooperación Transnacional do Espazo Atlántico para o período 2007-2013 concedendo unha axuda do fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). (…) Neste contexto a Deputación Provincial de Pontevedra, prestou a súa colaboración para a presentación do proxecto “NEA 2” con diversos socios do espazo atlántico a esta convocatoria liderada polo Conseil Général de Bretagne, co fin de ser cofinanciado polo FEDER. O obxectivo xeral do proxecto é a promoción do sector náutico da provincia de Pontevedra e das augas interiores, a mellora medioambiental das estruturas náuticas, a formación e accesibilidade ó litoral dirixido a discapacitados e o fomento da náutica sostible a través da realización de material publicitario, eventos, seminarios, conferencias, coloquios, etc. (…) Coa finalidade de executar o proxecto, faise necesaria a implantación de diversas actividades, entre as que se encontran a realización de reunións de socios para a execución de traballos, plans financeiros e orzamentarios, propostas e plan de acción coa intención de realizar unha execución conxunta a nivel internacional. Con esta finalidade, os días 14 e 15 de outubro de 2010 terá lugar en Falmouht, Cornualles (Inglaterra) unha reunión técnica do proxecto NEA 2 a que debe asistir persoal en representación desta Institución, debido á ausencia en practicamente todas as reunións anteriores e en que se abordará o plan de traballo transnacional para o período de tempo restante á duración do proxecto. O proxecto NEA 2 non posúe persoal propio asignado. Non obstante, a persoa que acudirá como representante da Deputación de Pontevedra leva a cabo xestións ordinarias do proxecto NEA 2 e posúe os coñecementos de preparación necesarios para asistir a esta reunión. Polo tanto, o libramento será realizado a nome de Camilo Luis Vázquez Taboada, como persoa encargada da realización das xestións e traballos correspondentes. Terase en conta que este traballador está asignado ó proxecto Ecoredesaneasol. Por esta razón, os gastos derivados deste desprazamento non se poderán imputar ás aplicacións orzamentarias deste proxecto, senón que a solicitude se articulará a través da presente solicitude de fondos a xustificar.” Solicita permiso e axuda económica para que o contratado laboral D. Camilo Luis Vázquez Taboada, auxiliar asignado ó proxecto “Ecoredesaneasol”, asista en representación desta Deputación Provincial. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, e co visto e prace do Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida e da Vicepresidenta Dª Teresa Pedrosa Silva. Polo exposto e de conformidade co que se establece no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e Real decreto 462/2002 do 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Camilo Luis Vázquez Taboada licenza para asistir a Reunión Técnica de Coordinación Transnacional do Proxecto NEA 2 a celebrar en Falmouth, Cornualles (Inglaterra) os días 14 e 15 de outubro de 2010, así como unha axuda económica, por importe de 1.143,60 euros, co carácter de “a xustificar ”, estando analizados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: (Saída día 13 de outubro antes das 14:00 h.e regreso o día 15 de outubro despois das 22:00 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Vehículo propio: Pontevedra–Oporto (171 km x 2) (ida e volta) x 0,19 € 64,98 € 241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Peaxe: Pontevedra – Oporto (Ida e volta) 10,80 € x 2 21,60 € 241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Aparcamento: Oporto (2,5 días) 30,00 € 241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Taxi: (Aeroporto de Newquay – Falmouth (ida e volta ) 80 € x 2 160,00 € 241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Avión internacional: Oporto – Londres - Oporto 230,00 € 241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Avión interior: Londres – Cornualles - Londres 185,00 € 241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 691,58 € 241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Dietas: (Saída día 13 de outubro antes das 14:00 h. e regreso o día 15 de outubro despois das 22:00 h.) (Coa consideración de Residencia Eventual (80% da dieta enteira). Dieta Reino Unido (Grupo III) CONCEPTO Manutención + Aloxamento Importe Día: 13/10/2010 Aloxamento + Manutención GRUPO III Importe Día: 14/10/2010 Residencia Eventual (80%) GRUPO III Importe Día: 15/10/2010 ½ Manutención (Reino Unido) GRUPO III Importe Día: 15/10/2010 ½ Manutención (Portugal) GRUPO III PARTIDA Camilo Luis Vázquez Taboada 217,57 € 174,06 € 39,66 20,73 241.432.230.20 (Dietas para o persoal de NEA 2) TOTAL GASTOS DIETAS 452,02 € 241.432.230.20 (Dietas para o persoal deNEA 2) Así mesmo, de conformidade co que se establece no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó que se dispón no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. B) Mediante escrito de data 20 de xullo de 2010, a Xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, Dª María del Carmen Crespo Blanco, solicita permiso e axuda económica para asistir ó “XVIII Congreso da Sociedad Española de Salud Laboral en la Administración Pública”, que terá lugar os próximos días 10, 11 e 12 de novembro de 2010 en Palma, e ó abeiro do que se establece nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno do 11 de novembro de 1983, no art. 16.6 a) do V Acordo Regulador e no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnización por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dª María del Carmen Crespo Blanco o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 636,64 euros, estando analizados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: Saída día 10 de novembro pola mañá antes das 10:00 h. e regreso día 12 de novembro despois das 22:00 horas Vehículo propio: (Pontevedra-aeroporto Vigo-Pontevedra) (62 Km x 2) x 0,19 € 11,78 € Peaxe autoestrada. 5,90 € Aparcadoiro 35,00 € Avión (Vigo-Palma de Mallorca-Vigo) 250,00 € TOTAIS DESPRAZAMENTOS 302,68 € Dietas: Saída día 10 de novembro pola mañá antes das 10:00 h. e regreso día 12 de novembro despois das 22:00 horas Día 10 de novembro de 2010 (1 dieta enteira) Grupo I 155,90 €. Día 11 de novembro de 2010 (80% dieta) Grupo I 124,72 € Día 12 de novembro de 2010 (1 Manutención) Grupo I 53,34 € TOTAIS DIETAS 33,96 € Ditas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10/929.920.231.20 de locomoción por un importe de 302,68 € e 10/929.920.230.20 de dietas por un importe de 333,96 €. Así mesmo, de conformidade co que se establece no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002 do 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó que se dispón no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 5.18583.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ABRAHAM RUIBAL RÚA POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA QUE DISCORRE FRONTE O COLEXIO DE CASTRILLÓN (CANGAS) Dada conta que con data de rexistro de entrada 30/08/10 (Rex. nº 030294) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Abraham Ruibal Rúa, con enderezo a efectos de notificacións en Vigo na Avda. Camelias, 120-1º, por danos en vehículo na estrada que discorre fronte o colexio de Castrillón (Cangas) o día 31/08/09 e que cuantifica economicamente en 784,90 €. Resultando.- Que con data 3 de setembro de 2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 21 de setembro de 2010 co seguinte contido: “… Pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad municipal”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 6.18584.- COMUNICACIÓNS. Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.18585.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAS SOBRE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A ESTRADA (PXOM) Dada conta da comunicación da Concelleira Delegada de Urbanismo do Concello de A Estrada, pola que se remite expediente sobre Plan Xeral de Ordenación Municipal de dito concello, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da zona norte e o Enxeñeiro Técnico Xefe da zona centro e con Vº Bºdo Director de Infraestruturas, de data 30 de setembro de 2010, no que manifesta, entre outros: “En respuesta a la solicitud de informe efectuada por la Concejala Delegada de Urbanismo de la Corporación Municipal, en relación al Plan General de Ordenación del Ayuntamiento de A Estrada, por la presente y de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 83 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, se emite el siguiente, INFORME ANTECEDENTES DE HECHO Primero. Encontrándose en trámite el Plan General de Ordenación Municipal del Ayuntamiento de A Estrada, se solicita informe del Servicio de Infraestructuras relativo a las distintas carreteras provinciales que discurren por el citado Ayuntamiento. Segundo. Una vez examinada la documentación remitida por el Ayuntamiento de A Estrada, las vías provinciales que discurren total ó parcialmente por su término municipal son las siguientes: • E.P. 7001 A ESTRADA - FORCAREI, con 22.900 metros de trazado que discurren por los términos municipales de A Estrada y Forcarei. • E.P. 7002 BERRES – ANCORADOS, con toda su longitud, 1,340 metros, que discurre por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7003 A ESTRADA – OUZANDE, con 2.710 metros de trazado que discurren íntegramente por el ayuntamiento de A Estrada. • E.P. 7004 ALTO DA CRUZ – SANTELES, con toda su longitud, 5.585 metros, que por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7005 AGUIONES – SANTELES – SANTA CRISTINA, con 10.600 metros de trazado que discurre íntegramente por el ayuntamiento de A Estrada. • E.P. 7006 SOL – PARDEMARIN, con toda su longitud, 4.820 metros, que discurre por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7007 COUSO – SAN MIGUEL DE BARCALA, con 8.300 metros de trazado que discurren íntegramente por el Ayuntamiento de A Estrada. • E.P. 7008 ACCESO PONTE NOVO, que discurre en su totalidad, 900 metros, por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7009 SOL – ANCORADOS, con toda su longitud, 2.250 metros, que discurre por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7010 FOXO – RIOBO, con 4.350 metros de trazado que discurren íntegramente por el Ayuntamiento de A Estrada. • E.P. 7011 PENA DO FOXO – OLIVES, con una longitud de 4.450 metros que discurre íntegramente por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7012 PENA – RIBELA, que discurre en su totalidad, 2.040 metros, por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7013 OROSA – ORAZO, con 5.750 metros de trazado que discurren íntegramente por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7014 BERRES – RIBEIRA, con una longitud de 2.500 metros que discurre íntegramente por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7015 PENA DO FOXO – AGAR, que discurre en su totalidad, 1.430 metros, por el Ayuntamiento de A Estrada. • E.P. 7016 ESTRADA – VINSEIRO – AS CASETAS, con 17.250 metros de trazado que discurren por los ayuntamientos de A Estrada y Forcarei. • E.P. 7017 CALLOBRE – PONTE LEDESMA, con una longitud de 18.600 metros que discurre por los ayuntamientos de A Estrada, Vila de Cruces y Silleda. • E.P. 7019 SAN ANDRÉS DE VEA – SAN XULIÁN DE VEA, con toda su longitud, 4.300 metros, que discurre por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7020 ACCESO PONTE SARANDON, con 450 metros de trazado que discurre por el ayuntamiento de A Estrada. • E.P. 7021 BERRES – VILANCOSTA, que discurre en su totalidad, 1.260 metros, por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7022 CODESEDA – SEVIL, tiene una longitud de 9.750 metros que discurre en su totalidad por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7023 RIOBO – REMESAR, con toda su longitud, 1.940 metros, que discurre por el ayuntamiento de A Estrada. • E.P. 7024 OLIVES – SEQUEROS, con 2.070 metros de trazado que discurre íntegramente por el ayuntamiento de A Estrada. • E.P. 7025 ARCA – NIGOI, tiene una longitud de 6.300 metros y discurre en su totalidad por el término municipal de A Estrada. • E.P. 7101 CERDEDO – PORTELA, con 10.050 metros de trazado que discurren por los términos municipales de A Estrada y Cerdedo. • E.P. 7102 SERRAPIO – A PORTELA, con una longitud de 9.510 metros y que discurre por los Ayuntamientos de A Estrada y Cerdedo. • E.P. 8401 PORTELA – SOUTO DE VEA, tiene una longitud de 6.767 metros y discurre por los términos municipales de A Estrada y Cuntis. TRATAMIENTO TÉCNICO Y FUNDAMENTOS JURÍDICOS. Primero. De acuerdo con lo dispuesto en el párrafo 4 del artículo 15 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia, “ Acordada la redacción…. de un instrumento de planeamiento que afecte a carreteras, el organismo competente para otorgar su aprobación inicial deberá enviarles, con anterioridad a dicha aprobación, el correspondiente documento a las Administraciones titulares de las carreteras afectadas para que emitan, en el plazo de un mes y con carácter vinculante, informe comprensivo de las sugestiones que estimen convenientes”. Segundo. Definidos en la parte expositiva del presente informe los viales que discurren total o parcialmente por el término municipal de A Estrada, es preciso realizar las siguientes sugerencias: a) El nuevo Plan General de Ordenación Municipal del Ayuntamiento de A Estrada deberá respetar las normas que, en relación a las limitaciones de la propiedad, establece la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia y la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales. b) Los cierres que delimiten una propiedad deberán situarse a un mínimo de dos metros medidos desde el límite exterior de la zona de dominio público, respetando en todo caso una distancia respecto al eje de la carretera que podrá ir de los seis metros y treinta centímetros (6,30) hasta los siete (7) metros, dependiendo de las características técnicas de la carretera. c) Respecto a las edificaciones y según establece el artículo 35 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia, la distancia quedaría fijada a 7 metros medidos desde la arista exterior de la explanación en las carreteras provinciales de la red secundaria y a 9,50 metros medidos desde la citada arista en los viales de la red primaria, pero no a menos de 11,30 y 13,80 metros respectivamente medidos desde el eje, independientemente de las características geométricas actuales, no coincidentes entre sí, de las distintas carreteras provinciales a su paso por el municipio. Tercero. En el nuevo Plan General de Ordenación Municipal deberán quedar definidos los tramos de carreteras provinciales que discurren íntegramente por suelo calificado como urbano por el correspondiente instrumento de planeamiento urbanístico. Cuarto. Asimismo deberán delimitarse los tramos de carreteras provinciales que puedan tener la consideración de travesías de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 52.3 de la Ley de Estradas de Galicia, debiendo crearse a tales efectos una comisión integrada por representantes de la Diputación Provincial de Pontevedra y el Ayuntamiento de A Estrada. Quinto. El Ayuntamiento de A Estrada propondrá, si lo considera oportuno, un listado de carreteras provinciales que, por su carácter urbano o localista, son susceptibles de ser transferidas a la Corporación municipal, propuesta que será objeto de análisis por parte de los técnicos del Servicio de Infraestructuras de la Diputación Provincial de Pontevedra.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de A Estrada. 8.18586.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 5 de outubro de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201000001086 e que contén vinte e dúas facturas, sendo a primeira de Cepsa Comercial Galicia, S.A., por importe de 9.577,54€ e a derradeira de Esmerarte Servicios Artísticos, S.L., por importe 3.540,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 114.709,23 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 114.709,23 € 9.18587.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RIBADUMIA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2010003043, DENOMINADA “DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO AUDIOVISUAL E INFORMÁTICO Ó CENTRO SOCIAL DE RIBADUMIA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2010003043, denominado “Dotación de equipamento audiovisual e informático ó Centro Social de Ribadumia” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Ribadumia con CIF núm. P3604600A a cantidade de setenta mil oitocentos euros (70.800,00 €), para a realización do investimento núm. 2010003043, denominado “Dotación de equipamento audiovisual e informático ó Centro social de Ribadumia”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 70.800,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 10/942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.18588.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DA OBRA NÚM. 2010002793 “REFORMA E AMPLIACIÓN DUN CENTRO SOCIO-CULTURAL NO QUE SE ATOPARÁ A ESCOLA DE MÚSICA DE VINCIOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 E APROBACIÓN DO CONVENIO DE COOPERACIÓN CULTURAL ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE GONDOMAR PARA A EXECUCIÓN DO REFERIDO INVESTIMENTO Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención e dada conta do proxecto de convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar para a execución da obra “Reforma e ampliación dun centro socio-cultural no que se atopará a Escola de Música de Vincios”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, núm. expediente 2010002793, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre as administracións públicas, posibilitar a creación dun espazo de reunión de carácter polivalente e dotado das estruturas e dos recursos precisos para dar soporte ás prestacións básicas e o desenvolvemento de programas culturais dirixidos ós veciños da parroquia de Vincios e, cuxo orzamento, segundo se desprende do proxecto presentado, ascende a cantidade de trescentos vinte e catro mil novecentos seis euros con noventa céntimos (324.906,90€). Vistos os informes elaborados polo servizo de infraestruturas, o Secretario e a Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder ó Concello de Gondomar a cantidade douscentos vinte e catro mil novecentos seis euros con noventa céntimos (224.906,90€), para a realización do investimento, incluído no PID/09-11, núm. 2010002793, denominado “Reforma e ampliación dun centro socio-cultural no que se atopará a escola de música de Vincios”, cun orzamento de trescentos vinte e catro mil novecentos seis euros con noventa céntimos (324.906,90€) e coa seguinte distribución por anualidades: • Exercicio 2009: 55.931,90 euros contra a aplicación 10/942.942.652.45.2009, con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Gondomar por concorrencia competitiva no marco do programa de axudas do Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. • Exercicio 2010: 168.975,60 euros contra a aplicación 10/942.942.652.45, con cargo á cantidade que lle corresponde distribuír por concesión directa ó presidente no marco do programa de axudas PID/09-11. A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia cofinanciará este investimento pola cantidade restante ata completar o orzamento total, é dicir que achegará 100.000,00 euros, dos cales ó 70% proceden dos Fondos FEDER, e coa seguinte distribución por anualidades. o Ano 2010: 20.000,00 € o Ano 2011: 80.000,00 € A Deputación de Pontevedra será a encargada de levar a cabo todas as actuacións necesarias para a realización da obra referida e segundo se desprende do texto do convenio as achegas da Consellería de Cultura e Turismo se farán efectivas contra a presentación das facturas expedidas polas empresas adxudicatarias dos traballos que deberán se aprobadas polo órgano competente da Deputación. Xunto coas mesmas achegarase un comprobante do pago efectuado e un certificado conforme o investimento foi realizado de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. O prazo para xustificar o exercicio 2010 remata o 15 de decembro de 2010 e o prazo para xustificar o exercicio 2011 remata o 15 e decembro de 2011. 2.- Aprobar o Convenio de Cooperación Cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Gondomar para a “Reforma e Ampliación dun centro socio-cultural no que se atopará a Escola de Música de Vincios”. Coas particularidades sinaladas respecto o financiamento do investimento o texto do convenio é o transcrito a continuación: “CONVENIO DE COOPERACIÓN CULTURAL ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE GONDOMARA PARA A REFORMA E AMPLIACIÓN DUN CENTRO SOCIO CULTURAL NO QUE SE ATOPARÁ A ESCOLA DE MÚSICA DE VINCIOS En Santiago de Compostela, na sede dos servizos centrais da Consellería de Cultura e Turismo , o día--------------- REÚNENSE O Sr. D. Roberto Varela Fariña, actuando en representación da Xunta de Galicia, en virtude do seu cargo de Conselleiro de Cultura e Turismo, para o que foi nomeado polo Decreto 81/2009, do 19 de abril, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia e o artigo 2 da Resolución do 8 de abril de 1991, pola que se publica o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991. O Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación Provincial de Pontevedra (CIF-P-3600000-H), en virtude da súa condición de Presidente da citada entidade segundo o disposto no artigo 61 da Lei 5/1997, da Administración Local de Galicia. E o Sr. D. Martín Vicente Urgal Alonso, actuando en representación do Concello de Gondomar (CIF.P-3602100-D), en virtude da súa condición de Alcalde do citado concello segundo o disposto no artigo 61 da Lei 5/1997, da Administración Local de Galicia, do artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 24 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Ambas as partes teñen plena capacidade para levaren adiante este convenio e, MANIFIESTAN: Que ambas as entidades son conscientes da necesidade de instalacións de carácter sociocultural que permitan unha adecuada oferta, co obxecto de satisfacer as necesidades que nesta materia teñen os habitantes desa zona. Que a Xunta de Galicia ten atribuídas funcións en materia do fomento da cultura, de acordo co establecido no artigo 27.19º do Estatuto de Autonomía, en consonancia co estipulado no artigo 148.1º.17ª da Constitución española. A Consellería de Cultura e Turismo dentro da programación anual que fai, traza as directrices a seguir no mapa de infraestruturas socioculturais de Galicia. Dado que os orzamentos son manifestamente insuficientes para acometer nun só exercicio orzamentario as obras demandadas polos Concellos galegos é polo que, cada ano dependendo das necesidades e da programación sociocultural establécense as directrices da actuación anual e se levan a cabo as obras e equipamentos máis necesarios naqueles Concellos onde as necesidades de infraestruturas, dotación ou equipamento nos imprescindibles. Por outra parte, o programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemnteo Rexional Galicia 2007-2013 é un documento de programación comunitaria aprobado pola Comisión Europea que recolle a articulación da estratexia da Xunta relacionada con distintos eixes prioritarios de intervención. Nestes eixes establécense medidas dirixidas ó desenvolvemento sostible local e urbano, tales como a creación e mellora de infraestruturas socioculturais entre os que se atopan (casas culturais, auditorios, centos de usos múltiples de carácter cultural, etc). Para os efectos de conseguir unha infraestrutura adecuada e axeitada, é polo que se establecen estes convenios de colaboración que axudan a equilibrar os custos coas necesidades e garantir a amplitude do espazo no que se asentan, a certeza da calidade do materiais utilizados, a calidade do espectáculo e a importancia das mensaxes que se pretenden transmitir e permiten que estas cheguen ó seu destino, xa que sería imposible que a Xunta asumise por si sola os custos de Centros dedicados á cultura necesarios para desenvolver o programa sociocultural que dan as consellerías. Con este convenio asegurámonos de ter, dentro das nosas posibilidades, os espazos necesarios para que poidan representarse as diversas manifestacións da cultura galega nun marco digno e adecuado ás necesidades reais dos nosos tempos. Por isto, para acadar unha maior eficacia na execución de actuacións, dado o interese común das partes asinantes nas que as partes teñen intereses coincidentes, é polo que asinan o presente convenio de colaboración de acordo coas seguintes; CLÁUSULAS Primeira.- A Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Gondomar, asinan o presente convenio co obxecto de levar a cabo as obras de reforma e ampliación dun centro socio-cultural no que se atopará a escola de música de Vincios cun custo total de 324.906,90 euros. A Deputación de Pontevedra será a encargada de levar a cabo todas as actuacións necesarias para a realización da obra e achegará ata un importe máximo de 224.906,90€, que se imputarán do seguinte xeito: • 55.931,30€ financiaranse contra a aplicación 10/942.942.652.45.2009, con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Gondomar por concorrencia competitiva no marco do programa de axudas Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, para a anualidade 2009. • 168.975,60€ contra a aplicación 10/942.942.652.45, con cargo á cantidade que lle corresponde distribuír por concesión directa ó presidente no marco do programa de axudas PID/09-11, imputables á anualidade 2010. A Consellería de Cultura e Turismo, comprométese a entregar á Deputación de Pontevedra a cantidade de cen mil euros (100.000,00€) dos cales o 70% correspóndense con fondos Feder, para a reforma e ampliación dun centro socio-cultural no que se atopará a escola de música de Vincios, recinto que albergaría as distintas actuacións de carácter cultural que se puidesen levar a cabo por parte do Concello de Gondomar, actuacións comprendidas dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, no eixe 5, tema prioritario 59 e actuación 2, e que se aboará con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.432b.760.0 da Consellería de Cultura e Turismo, financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, coa seguinte distribución por anualidades e importe: • Ano 2010: o Vinte mil euros (20.000,00 €) • Ano 2011: o Oitenta mil euros (80.000,00 €) O Concello de Gondomar, como titular da infraestrutura obxecto deste convenio, ademais da posta a disposición do edificio, será o encargado da súa xestión una vez rematada a inversión. Segunda.- A Consellería de Cultura e Turismo ten especial interese na construción de locais socioculturais para que os distintos concellos de Galicia poidan ofrecer á poboación unha oferta sociocultural axeitada é adecuada en base a unha programación feita polos concellos e demais entidades aprobada en definitiva pola consellería e conseguir unha implicación por parte da sociedade galega nos distintos actos socioculturais. A colaboración por parte da Consellería de Cultura e Turismo cos concellos na construción de infraestruturas de carácter cultural, está prevista no eixe 5 tema prioritario 59 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013; a colaboración decídese en base a criterios obxectivos tales como a poboación beneficiaria deste tipo de infraestruturas, non dispor no concello de locais axeitados, implicación por parte do concello no desenrolo de actividades culturais, remate de infraestruturas xa iniciadas, contar cun plan de actuación en canto ás actividades socioculturais a desenvolver por parte do concello, dispor dos medios económicos e técnicos precisos para facer fronte á inversión destas características, dado que o pago ser realiza unha vez que o propio concello asume o custo da inversión. De acordo co artigo 26 da Lei de Subvencións non é posible a concorrencia pública para a realización desta actividade pola necesidade de atender áreas específicas como a que cubre este centro socio-cultural, polo que compre acometer o equipamento necesario que permita ofrecer un espazo suficientemente dotado para albergar os programas socioculturais previstos polo concello e os ofertados dende a Xunta de Galicia. A realización destas melloras converte a Gondomar nun referente sociocultural e social que pode ofrecer unha serie de actuacións encamiñadas á divulgación, información e promoción da cultura e achegar o máximo posible o noso patrimonio sociocultural a un público de tódalas idades. Por todo o anterior é o concello de Gondomar o que posúe a especifidade como beneficiario así como a da actuación subvencionada e o interese social da axuda concedida, sen embargo e dado que a Deputación aporta na realización desta infraestrutura en torno a un 75% coa autorización do concello de Gondomar, vai ser a encargada da realización das obras necesarias. A dificultade de concorrencia está xustificada a través dun Plan Estratéxico, elaborado por esta dirección xeral, para a tramitación de convenios no segundo semestre do ano 2010. Terceira.- A Deputación de Pontevedra comprométese, pola súa parte, a facer constar en toda a publicidade que xeren estas actividades -tanto impresa coma audiovisual- a colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, utilizando a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Asemade comprométese ó cumprimento das obrigas contidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e en especial as recollidas no artigo 11 da mesma. Tamén será de aplicación o establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Con carácter supletorio será de aplicación o disposto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e no seu regulamento, aprobado polo Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo. Do mesmo xeito este convenio esta suxeito aso disposto no Regulamento (CE) Nº 1083/2006, de 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo e ó Fondo de Cohesión (DOUE 31-07-2006), ó Regulamento (CDE) n1 1028/2006, do 8 de decembro, da Comisión, polo que se fixan as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006, e ó Regulamento (CE) nº 1080/2006, do 5 de xullo, relativo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE 31-07-2006). O beneficiario tan a obriga de prestar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida no exercicio das funcións de control que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ó Consello de Contas. Por tratarse de Fondos FEDER, con motivo á adecuación á normativa comunitaria, a Deputación deberá ter en conta os seguintes puntos: • A Deputación estará obrigada a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) Nº 1828/2006 da Comisión, de 8 de decembro de 2006 e no artigo 1, apartados 1 e 2 do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión do 1 de setembro de 2009. • De acordo co artigo 9 do Regulamento (CE) Nº 1826/2006 da Comisión de 8 de decembro de 2006 e o artigo 1.2.a) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión de 1 de setembro, todas as medidas de información e publicidade establecidas, incluirán os elementos seguintes: o O emblema da Unión Europea. o Referencia ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) o Declaración do Fondo: “Unha maneira de facer Europa”. o Proporcionalidade entre emblemas. Este plan pode consultarse na páxina web seguinte: http: //www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificación-e-fondos. • Debe terse en conta a Orde EHA 524/2008 do 26 de febreiro, relativa ós gastos subvencionables polo FEDER e o Fondo de Cohesión. • Débese manter a inversión durante cinco anos, segundo o previsto no artigo 57 do Reg. (CE) 1083/2006. • Débese conservar a documentación, por un período de 3 anos do peche do programa operativo, tal e como se define no artigo 89.3 do antedito regulamento e facer unha separación contable dos gastos que facilite a pista da auditoría. Infórmase que a aceptación desta axuda supón a súa publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Reg. (CE) 1828/2006 da Comisión. • Garantízase que o conxunto das axudas non supera o custo elixible e se evite o dobre financiamento. No caso que a Deputación concerte con terceiros a execución total ou parcial da actividade obxecto deste convenio, estarase ó disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e na Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Asemade en todo o relativo ós gastos subvencionables deberá cumprirse o disposto no artigo 29 de Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Cuarta-. A Consellería de Cultura e Turismo, efectuará o libramento dos fondos por importe total de cen mil euros (100.000,00€), segundo o detalle que consta a continuación: • Ano 2010: A consellería de Cultura e Turismo efectuará o libramento do primeiro pago polo importe de vinte mil euros (20.000,00€), contra a presentación das facturas expedidas polas empresas adxudicatarias dos traballos relacionados co obxecto deste convenio, achegando xunto coas mesmas o comprobante de pago efectuado así como o certificado do órgano da Deputación con competencia para a aprobación de dito gasto, dos gastos realizados e de que a obra se realizou na súa totalidade e de conformidade co obxecto deste convenio. O prazo para xustificar os investimentos remata o 15 de decembro de 2010. • Ano 2011: A consellería de Cultura e Turismo efectuará o libramento do pago polo importe de oitenta mil euros (80.000,00€), contra a presentación das facturas expedidas polas empresas adxudicatarias dos traballos relacionados co obxecto deste convenio, achegando xunto coas mesmas o comprobante de pago efectuado así como o certificado do órgano da Deputación con competencia para a aprobación de dito gasto, dos gastos realizados e de que a obra se realizou na súa totalidade e de conformidade co obxecto deste convenio. O prazo para xustificar os investimentos remata o 15 de decembro de 2011. Quinta.- A Deputación de Pontevedra comprométese a destinar os fondos percibidos ó obxecto concreto para que o foron concedidos. A Xunta de Galicia poderá realizar as inspeccións e comprobacións que considere necesarias co fin de asegurar o cumprimento das normas e requisitos cos que se concede a contribución. Sexta.- Créase unha comisión mixta de seguimento para aclarar as dúbidas derivadas da interpretación e execución do presente convenio, formada polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, o Presidente da Deputación de Pontevedra e o Alcalde do Concello. As discrepancias derivadas da execución e interpretación do convenio serán resoltas polo Conselleiro de Cultura e Turismo, co que se porá fin a vía administrativa. Sétima.- O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio constituirá causa suficiente de rescisión deste, e así mesmo procederá o reintegro da subvención pólo incumprimento por parte do beneficiario das obrigas derivadas do presente convenio de conformidade co disposto no artigo 33 da Lei de Subvencións de Galicia. Oitava.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdición contencioso-administrativo será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. Novena.- De conformidade co disposto no artigo 11 de Lei 4/2006, de 30 de xuño de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega este convenio será obxecto de difusión no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería. Asemade, será obxecto de publicidade no rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios, ó abeiro do disposto no decreto 126/2006, do 20 de xullo e no decreto 132/2006, do 27 de xullo. Décima.- O período de vixencia deste convenio durará ata o 31 de decembro de 2011. Este convenio obriga ás partes que o asinan o seu cumprimento, someténdose ó acordado en todas as estipulacións. Esténdese exemplar por triplicado, no lugar e na data arriba indicados. O CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO Asdo. Roberto Varela Fariña O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVDRA Asdo. Rafael Louzán Abal O ALCALDE DO CONCELLO DE GONDOMAR Asdo. Martín Vicente Urgal Alonso” 11.18589.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE OIA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE “AS TORNAS” DE STA. MARÍA DE OIA A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende mellorar e ampliar as infraestruturas deportivas da provincia, instalando campos de herba artificial en diversos concellos, o que procurará un mellor servizo ós cidadáns xa que esta superficie permite un maior uso e aproveitamento, así como un menor custo no mantemento. Visto o escrito do Concello de Oia solicitando a instalación de herba artificial no campo de fútbol de As Tornas, de Santa María de Oia e o certificado do secretario aprobando a achega municipal ó convenio. A súa achega para a anualidade de 2010, por importe de 85.183,83 € financiarase con cargo a unha subvención do PID 2009-2010 aprobada pola Xunta de Goberno do 22 de setembro de 2010, e os 38.816,17 € restantes, serán con cargo ó orzamento do Concello na anualidade 2011. Considerando que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Oia para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de As Tornas. O Sr. Secretario da Corporación informa, con data 5 de outubro do ano en curso, o mencionado convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe do expediente, participando que o obxecto do convenio financiase con cargo á aplicación 10/922.342.652.09.2009, estando en fase de gasto comprometido a adxudicación do contrato. Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Oia para instalación de herba artificial no campo de fútbol de As Tornas, de Santa María de Oia. Dita aprobación queda condicionada a subsanación das salvedades sinaladas por intervención antes da aprobación do expediente de contratación. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE OIA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE “AS TORNAS”, DE SANTA MARÍA DE OIA No Pazo Provincial, a de de 2010 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, Alcalde-Presidente do Concello de Oia, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de “As Tornas” de Santa María de Oia, no Concello de Oia. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. Segunda.- O importe do proxecto ascende a contía de 498.678,48 euros que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 10/922.342.652.09.2009 do vixente orzamento provincial. Terceira.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de Oia comprométese ás seguintes obrigas: 1.- Achegar para a realización das obras comprendidas neste proxecto a cantidade de 124.000,00 euros, financiándose dita cantidade en dúas anualidades. A achega correspondente a anualidade de 2010, por importe de 85.183,83 euros, realizarase con cargo ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, concedéndose unha subvención por acordo da Xunta de Goberno de data 22 de setembro 2010, imputable á aplicación 10/942.942.652.45, pola cal se realizarán as operacións en formalización que se consideren oportunas. A anualidade de 2011, por importe de 38.816,17 euros, con cargo á aplicación correspondente do seu orzamento, será ingresada dentro do primeiro trimestre do ano 2011, nos prazos de pago que se sinalan na liquidación que se notifique. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na Entidade provincial. 2.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol, que serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 3.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo podan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días o ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 4.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, mediante a formalización dunha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello. A Deputación aboará a man de obra e a maquinaria necesaria para elo, debendo o Concello achegar os custos dos materiais de reposición necesarios, (caucho, area, bandas de marcaxe, equipamentos, etc.). Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente protocolo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións, R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Oia, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Alejandro Rodríguez Rodríguez” 12.18590.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE EXECUCIÓN DA OBRA DE “POUSADA EN A LANZADA” Resultando que se puxo en marcha o Proxecto Pousadas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e co obxecto de axeitar as instalacións do Centro de Vacacións da Lanzada, adxudicouse, mediante R.P. nº 4979/10, a G.O.C, S.A. a redacción do proxecto de “Acondicionamento de edifico para Pousada en A Lanzada”. Resultando que redactado o referido proxecto, cuxo importe ascende á suma de 1.350.000,00 €, máis 243.000,00 € correspondentes ó IVE (18%). E, á vista do informe emitido por Intervención en que se pon de manifesto a existencia de saldo axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto na aplicación 10/942.430.622.01.2009 e 10/942.430.622.01, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Acondicionamento de edificio para Pousada en A Lanzada”, cun orzamento de 1.350.000,00 € máis 243.000,00 € correspondentes ó IVE (18%), así como iniciar o correspondente expediente para a contratación da obra. 13.18591.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE PONTEAREAS O Concello de Ponteareas e esta Deputación Provincial, subscribiron un Convenio de Colaboración para levar a cabo a construción dun Pavillón Polideportivo cun custo de 561.747,21 euros, que foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión do día 29 de outubro de 2008. Os investimentos necesarios para a realización das obras incluídas no proxecto, foron financiados conxuntamente achegando o concello a cantidade de 140.436,80 €, equivalente ó 25% do seu importe, e a Deputación o 75 % restante. A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 2009, adxudicou á empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a construción deste polideportivo, na contía de 503.887,25 euros. No transcurso das obras xurdiron diversas incidencias que obrigaron a redactar, pola Dirección Técnica, un proxecto modificado por importe de 220.556,13 euros, o que descontando a baixa de adxudicación que foi de 57.859,96 euros quedaría en 162.706,17 euros. A cláusula cuarta do convenio establece que calquera incidencia que puidera xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obrigara a unha modificación do proxecto supoñendo un incremento do seu custo, sería sufragada polas dúas Institucións na mesma proporción. En consecuencia, o Concello debe achegar a cantidade de 40.676,54 euros. Ó modificarse o importe do IVE a partir do 1 de xullo o importe do proxecto modificado ascende a contía de 224.368,99 euros, polo que a cantidade a achegar polo Concello é de 41.627,50 euros. Para facer fronte a este ingreso, a Xunta de Goberno desta Deputación en sesión celebrada o día 29 de setembro de 2010, acordou conceder ó Concello de Ponteareas a mencionada cantidade, con cargo á aplicación 10/942.942.652.45 do vixente orzamento. Esta cantidade é necesario transferila á aplicación 10/922.342.652.00. A Lei de Contratos do Sector Público no artigo 202 prevé que, unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese publico e para atender causas imprevistas xustificando debidamente a súa necesidade. Na memoria do proxecto modificado xustifícanse, de forma fehaciente, as modificacións introducidas a consecuencia destas causas imprevistas, como foron a necesidade de substituír o tipo de cimentación, así como o desvío de liñas eléctricas de media tensión, etc. O importe do proxecto modificado ascende a contía de 224.368,99 euros, o que supón un incremento do 44,52 % sobre o prezo de adxudicación, mostrando a empresa adxudicataria a súa conformidade. Para facer fronte ó gasto deste proxecto modificado existe crédito na aplicación 10/922.342.652.00. A empresa adxudicataria debe constituír unha garantía por importe de 9.507,16 euros, equivalente ó 5% do orzamento de execución material. O expediente debe aprobarse condicionado á aprobación do correspondente expediente de transferencia de crédito. Vistos estes antecedentes e os informes dos Servizos de Contratación e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1- Prestar aprobación ó proxecto modificado do pavillón polideportivo de Ponteareas, por un importe de 224.368,99 euros. 2- Aprobar o gasto con cargo a aplicación orzamentaria 10/922.342.652.00. 3- Adxudicar a realización das obras a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. que deberá constituír unha garantía complementaria por importe de 9.507,16 euros. 4.- O aboo das certificacións correspondentes queda condicionado á aprobación da transferencia de crédito da achega do concello á partida orzamentaria correspondente. 14.18592.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº1 DA OBRA DE URBANIZACIÓN EN OS CASTROS, FONDÓS E BUGARÍN (QUIREZA-CERDEDO) A Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cerdedo subscribiron, con data 8 de setembro de 2006, un convenio de colaboración para levar a cabo a urbanización nos lugares de Os Castros, Fondós e Bugarín, na parroquia de Quireza. O importe do proxecto ascendeu a contía de 606.091,25 euros financiando a Deputación o 85% do mesmo por tratarse dunha estrada provincial, e o 15% restantes o Concello. As achegas respectivas foron de 515.177,57 euros a Deputación e 90.913,68 euros o Concello. O convenio foi aprobado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 7 de xullo de 2006. A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15 de setembro de 2006, prestou aprobación ó proxecto, levándose a cabo a licitación da obra por procedemento aberto mediante concurso. A obra foi adxudicada a empresa Sercoysa, Proyectos y Obras, S.A. na suma de 522.693,09 euros, por acordo da Xunta de Goberno en sesión do día 10 de novembro de 2006. A empresa formalizou o oportuno contrato con data 11 de xaneiro de 2007. O convenio establecía como vixencia do mesmo a data do 31 de decembro de 2007. As obras comprendidas no proxecto non puideron rematarse debido a incidencias xurdidas no desenvolvemento das mesmas, e de modo moi especial pola tardanza na aprobación pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural dos permisos correspondentes, ante a aparición de castros na zona de actuación. Pola dirección facultativa proponse a tramitación dun proxecto modificado, debido a incidencias xurdidas no desenvolvemento da obra, por un importe de 104.333,29 euros. Pois ben, ó estar acabado o prazo de vixencia do anterior convenio, e coa finalidade de proceder á conclusión das obras, a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 4 de agosto de 2010, prestou aprobación a un novo, para o remate das obras comprendidas no proxecto modificado de “Urbanización nos Castros, Fondós e Bugarín (Quireza–Cerdedo), por un importe de 104.333,29 euros. O convenio foi formalizado con data 1 de setembro de 2010. O concello ingresou a cantidade de 3.140,27 euros, correspondente a súa achega na mesma proporción que a obra principal. A Lei de Contratos do Sector Público no artigo 202 prevé que, unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese publico e para atender causas imprevistas xustificando debidamente a súa necesidade. Na memoria do proxecto modificado xustifícanse, de forma fidedigna, as modificacións introducidas a consecuencia destas causas imprevistas. Remitido a Intervención provincial para a súa fiscalización, pon de manifesto a necesidade de emendar, previa a aprobación do proxecto, diversas deficiencias advertidas. Visto o informe do servizo de contratación e emendados os defectos advertidos na tramitación, e en concreto ós relativos á firma do convenio, que figura no expediente formalizado con data 1 de setembro; así como, a conformidade do Xefe de Infraestruturas que figura no correspondente informe, e o prazo que xa estaba motivado anteriormente, e aclarado agora polo Técnico da zona, no senso de que só será necesario un mes dende a adxudicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Prestar aprobación ó proxecto modificado nº 1 da obra de “Urbanización nos Castros, Fondós e Bugarín (Quireza – Cerdedo)”, por un importe de 106.132,14 euros, que serán imputadas ás aplicacións orzamentarias 10/456.453.612.02.2008 e 10/456.453.612.02. - Adxudicar a realización do proxecto á empresa Sercoysa, Proyectos y Obras, S.A. - A empresa adxudicataria deberá constituír unha garantía complementaria por importe de 4.245,28 euros. 15.18593.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABETO, DA OBRA “MELLORA DA CONDUCIÓN DE ABASTECEMENTO A REDONDELA” Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do Trlrfl., do 5 de marzo 2004, concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 680.607,32 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2009 2010.942.942.652.45.2009 567.879,01 € 2010 2010.942.942.652.45 112.728,31 € Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no devandito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Mellora da condución de abastecemento a Redondela (Redondela)”, por importe de cincocentos setenta e seis mil setecentos oitenta e cinco euros con oitenta e seis céntimos (576.785,86 €), sen IVE, máis a cantidade de cento tres mil oitocentos vinte e un euros con corenta e seis céntimos (103.821,46 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para o devandito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DA CONDUCION DE ABASTECEMENTO A REDONDELA (REDONDELA)”. CPV 45230000 1.- OBXECTO.- Execución da obra Mellora da condución de abastecemento a Redondela. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do Rxlcap, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar dispoñer da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económica, técnica e financeira: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo; se é o caso, os devanditos certificados serán comunicados directamente ó órgano de contratación pola autoridade competente. c) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. 6.- Dirección de correo electrónico ó que efectuar as comunicacións ou notificacións. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a porcentaxe de control de calidade ofertada. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar.o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: O secretario xeral. O interventor. O director de Infraestruturas. SECRETARIO: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise a emenda de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación forzada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.d. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas clasificaraas por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 14. ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 15. FORMALIZACIÓN CONTRATO.- A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, contado dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do reconsidero. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 Lcsp). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 Lcsp). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 Lcsp). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (18%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como basee para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don........., maior de idade, veciño de..............., con domicilio en .............titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ............ (CIF- núm. ...........) e con domicilio en ............, teléfono........ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de _____ (en letra e número) euros, máis ____ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dato que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordó coas ofertas presenta 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso, propoñemos dar una puntuación nula a tódalas ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ANEXO II PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “MELLORA DA CONDUCION DE ABASTECEMENTO A REDONDELA (REDONDELA)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: Tipo de licitación: 576.785,86 euros, sen IVE. IVE: 103.821,46 € Total: 680.607,32 € C) FINANCIAMENTO: Anualidade Partida Importe 2009 10/942.942.652.45.2009 567.879,01 2010 10/942.942.652.45 112.728,31 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS: O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en seis meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) Clasificación: Grupo E Subgrupo 1 Categoría d. 16.18594.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA SEDE DA SOCIEDADE CULTURAL DE CAMBADOS” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 1 de setembro de 2010, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello de Cambados e a Sociedade Cultural de Cambados co obxecto de levar a cabo a reforma e acondicionamento da sede da devandita Sociedade Cultural. Resultando que no devandito convenio se establece que a Deputación Provincial procederá á licitación, dirección, execución e recepción da obra, así como o seu financiamento por importe de 701.972,23 €. Resultando que pola Sociedade Cultural de Cambados remítese o correspondente proxecto. Resultando que por Intervención emítese informe relativo ó financiamento do proxecto existindo crédito axeitado e suficiente na partida 10/942.337.658.02 para facer fronte ó gasto, coa observación de que non se fai referencia ó prazo previsto para a execución da obra. Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 29/09/2010, prestouse aprobación ó proxecto da referida obra por importe de 594.891,72 € máis 107.080,51 € correspondentes ó IVE, así como iniciar o expediente de contratación da obra. Resultando que polo Sr. Secretario Xeral emítese informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o procedemento de contratación, estimándoo correcto xuridicamente para as fins propostos. E, á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas económico-administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Reforma e acondicionamento da sede da Sociedade Cultural de Cambados” con orzamento de 594.891,72 € máis 107.080,51 € correspondentes ó IVE. A obra obxecto do expediente finánciase con cargo á aplicación 10/942.337.658.02 do vixente orzamento provincial. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA SEDE DA SOCIEDADE CULTURAL DE CAMBADOS”. CPV 45230000. 1.- OBXECTO.- Execución da obra de “Reforma da sede da Sociedade Cultural de Cambados”. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da Lcsp, e os artigos 125 ó 132 do Rxlcap, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar desde o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da Lcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do Rd. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. 3. Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar dispoñer da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económica, técnica e financeira: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo; se é o caso, os devanditos certificados serán comunicados directamente ó órgano de contratación pola autoridade competente. c) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. 6.- Dirección de correo electrónico ó que efectuar as comunicacións ou notificacións. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: O secretario xeral. O interventor. O director de Infraestruturas. SECRETARIO: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación forzada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos: 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. Rd. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+i que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas clasificaraas por orde decrecente, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá á empresa que presentara a oferta máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeran a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 14.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 15.- FORMALIZACIÓN CONTRATO.- A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola Lcsp ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do reconsidero. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 Lcsp). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 Lcsp). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses desde a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (18%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don...., maior de idade, veciño de......, con domicilio en .......titular do DNI......, expedido en data......, actuando en nome propio ou en representación da empresa ...... (CIF- núm. .......) e con domicilio en ...., teléfono.... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de ____ (en letra e número) euros, máis _____ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: Os anexos son os que seguen: ANEXO I ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDIMIENTO ABERTO DA OBRA “REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA SEDE DA SOCIEDADE CULTURAL DE CAMBADOS” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Tramite ordinario. B) ORZAMENTO EXECUCIÓN CONTRATO: Tipo de licitación: 594.891,72 IVE: 107.080,51 Total: 701.972,23 C) FINANCIACIÓN: ANUALIDADE APLICACIÓN IMPORTE 2010 10/942.337-658.02 701.972,23 D) PLAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en seis meses, e a data contará dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida su comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% de prezo de adxudicación, excluído el Imposto sobre el Valor Engadido. F) Clasificación: Grupo C, todos los subgrupos, categoría d.” 17.18595.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL “MERCA NA RÚA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 18 de agosto de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do desenvolvemento da actividade de dinamización comercial “Merca na rúa”, por unha cantidade máxima de cento cinco mil novecentos trinta e dous euros con vinte céntimos (105.932,20 €) sen IVE. Resultando que o anuncio do procedemento aberto se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 164 de data 26 de agosto de 2010. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 16 de setembro de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados por estas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios se emite informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”), correspondente á única empresa licitadora que se presentou ó procedemento aberto, obténdose o seguinte resultado: Licitador Puntuación (Sobre “B”) Bernardo Acevedo López (ICE, Imagen Comunicación y Eventos) 36 puntos Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 1 de outubro de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada pola única empresa licitadora, procedeu á apertura do Sobre “C”, presentado pola citada empresa ó obter unha puntuación da proposta técnica superior a 30 puntos, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo os seguintes resultados: Empresas Puntuación Sobre “B” Prezo ofertado Puntuación Sobre “C” Total Bernardo Acevedo López (ICE, Imagen Comunicación y Eventos) 36 99.652,54 € 14,820 50,82 Á vista da devandita puntuación, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato para o desenvolvemento da actividade de dinamización comercial "Merca na rúa" a Bernardo Acevedo López- NIF 76.826.612-B (ICE Imaxe, Comunicación e Eventos). Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente presuposto provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente ó empresario Bernardo Acevedo López- NIF 76.826.612-B (ICE Imagen, Comunicación y Eventos) o contrato para o desenvolvemento da actividade de dinamización comercial “Merca na rúa”, polo seguinte prezo ofertado: Prezo sen IVE 99.652,54 € IVE 17.937,46 € Prezo total 117.590,00 € Dito importe financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/241.431.227.06 do vixente orzamento provincial. 2.- Conceder á empresa, un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 4.982,63 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. Así mesmo, deberá ingresar a cantidade de 113,15 euros en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 18.18596.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO CHAN, IGREXA ALMOFREI, SANTIAGO DE VIASCÓN, SANEAMENTO VILA DE RIBA (COTOBADE)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de xuño de 2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “pavimentación camiño de Chan, Igrexa, Almofrei, Santiago de Viascón, saneamento Vila de Riba (Cotobade)”, con orzamento de 419.753, 53 €, máis a cantidade de 67.160,56 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 14 de xullo de 2010, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos Sobres “A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que con data 16 de xullo de 2010, reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos Sobres “B”, remitíndose ó Servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos Sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 13 de setembro de 2010, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que, á vista do informe emitido por Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, acada a máxima puntuación a empresa Pavimentos de Meaño, S.L., aínda que incorre en valores anormais ou desproporcionados no tocante á o prezo ofertado. Resultando que se requiriu a Pavimentos de Meaño, S.L., para que xustificase a oferta, en particular canto ó aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a obra. Resultando que recibida a xustificación requirida é informada favorablemente polo Director de Infraestruturas en funcións. Resultando que pola Mesa de Contratación, de acordo co anterior, elévase ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de Pavimentos de Meaño, S.L., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación detállase: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 42,50 33,392 75,892 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 34,81 28,811 63,621 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 33,67 30,619 64,289 CONSTRUCCIONES VARELA VILLAMOR, S.L. 31,13 20,418 51,548 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 31,00 47,367 78,367 CALDEVERGAZO, S.L. 30,92 24,222 55,142 ALDASA, S.L.U. 30,63 28,890 59,520 EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES PEREZ PORTELA, S.L. 30,15 13,759 43,909 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 30,05 48,750 78,800 NAROM, S.L. EXCLUIDA.- A OBRA QUE SE CITA NA OFERTA NON SE CORRESPONDE COA DO EXPEDIENTE DE CONTRATACION A Xunta de Goberno acorda por unanimidade : 1.- Excluír a oferta formulada por Narom, S.L. toda vez que a obra que se cita na oferta non se corresponde coa do expediente de contratación. 2.- Adxudicar provisionalmente a Pavimentos de Meaño, S.L. a obra de “pavimentación camiño de Chan, Igrexa, Almofrei, Santiago de Viascón, saneamento Vila de Riba (Cotobade)” na suma de 316.200,00 € máis 56.916,00 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 23.600,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 3.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 105,40 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 19.18597.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “DOTACIÓN E SERVIZOS URBANOS EN RÚA STA. LUCÍA, E.P. MEAÑO-DENA (MEAÑO) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Dotación e servizos urbanos en rúa Santa Lucía, E.P. Meaño-Dena (Meaño)”, con orzamento de 363.575,24 €, máis a cantidade de 58.172,04 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 6 de agosto de 2010, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos Sobres “A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que con data 10 de agosto de 2010, reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos Sobres “B”, remitíndose ó Servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos Sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 4 de outubro de 2010, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido por Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó órgano de contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 39,87 30,281 70,151 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 35,19 31,877 67,067 HIDROSCIVIL, S.L. 34,97 32,969 67,939 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 34,46 26,412 60,872 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 33,28 31,592 64,872 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 33,00 44,723 77,723 NAROM, S.L. 32,68 33,743 66,423 XESTION AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. 31,05 35,164 66,214 EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIO-NES PEREZ PORTELA, S.L. 30,84 42,749 73,589 CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNES, S.L. 30,74 48,750 79,490 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 30,47 39,783 70,253 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. a obra de “dotación e servizos urbanos en rúa Santa Lucía, E.P. Meaño-Dena (Meaño)”, na suma de 257.873,44 € máis 46.417,22 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 21.323,73 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 103,85 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 20.18598.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORAS NOS CAMIÑOS: PONTE, ALDEA GRANDE, MARTIXE, O CASTRO, RIBEIRAO 1, RIBEIRAO 2, ETC. (SILLEDA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 14 de xullo de 2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Melloras nos camiños: Ponche, Aldea Grande, Martixe, O Castro, Ribeirao 1, Ribeirao 2, etc. (Silleda)”, con orzamento de 285.940,61 €, máis a cantidade de 51.469, 31 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 20 de agosto de 2010, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos Sobres “A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que con data 24 de Agosto de 2010, reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos Sobres “B”, remitíndose ó Servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos Sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 4 de outubro de 2010, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido por Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó órgano de contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de Construccions, Obras e Viais, S.A., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación detállase: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 41,50 39,785 81,285 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 38,48 48,750 87,230 TRANSPORTES Y MAQUINARIA C.P., S.L. 34,89 48,444 83,334 CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A. 34,63 35,810 70,440 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 33,30 24,133 57,433 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 31,00 11,704 42,704 OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L. 30,99 30,213 61,203 EXCAMEL, S.L. 30,94 39,864 70,804 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente a Construccions, Obras e Viais, S.A. a obra de “Melloras nos camiños: Ponche, Aldea Grande, Martixe, O Castro, Ribeirao 1, Ribeirao 2, etc. (Silleda)” na suma de 226.808,09 € máis 40.825,46 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio, melloras valoradas en 23.972,50 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 103,85 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 21.18599.- SOLICITUDE DE AMPLIACIÓN DO PRAZO DE ENTREGA DUN CAMIÓN DE RECOLLIDA DE LIXO PARA O CONCELLO DE COVELO A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 11 de xuño de 2010 adxudicou definitivamente á empresa, Inturasa Pérez Rumbao, S.A., (C.I.F. A-36.122.174), o contrato para efectuar a subministración dun camión de recollida de lixos para o Concello de Covelo, polo prezo global 134.980,00 €, IVE incluído e cun prazo de entrega de 59 días a partir da sinatura do contrato. Resultando que a empresa Inturasa Pérez Rumbao, S.A., a través de escrito de data 2 de setembro de 2010, pon de manifesto unha serie de incidencias xurdidas en relación á execución deste contrato, que lle impiden poder entregar, no prazo ofertado, o camión de recollida de lixo que lle foi adxudicado, motivo polo que solicita a ampliación do prazo para efectuar a entrega a mesmo. Considerando as razóns expostas pola empresa Inturasa Pérez Rumbao, S.A., para solicitar a ampliación do prazo de entrega do camión de recollida de lixos para o Concello de Covelo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Acceder á petición efectuada pola empresa Inturasa Pérez Rumbao, S.A., para ampliar, ata o 30 de novembro de 2010, o prazo de entrega do camión de recollida de lixo para o Concello de Covelo que lle foi adxudicado. 22.18600.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 15.18298 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 11/06/10 A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 11 de xuño de 2010, acordou conceder á Fundación Amigos de Galicia un vehículo marca Citroën modelo Jumper Minibus 17 PL HDI 160 CV por un importe total de 43.047,77 €, cando en realidade o importe correcto é de 47.527,15 €. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar este erro no acordo nº 15.18298, en consecuencia, o importe do vehículo concedido á fundación Amigos de Galicia é de 47.527,15 € en vez de 43.047,77 €, sen que varíe o resto do texto do acordo. 23.18601.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 26.18423 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 21/07/10 A Xunta de Goberno, en sesión 21 de xullo de 2010, acordou modificar o contrato da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o museo provincial de Pontevedra, sendo o importe das modificacións de 65.128,06 €. Dito acordo recollía que a contía do modificado financiaríase con cargo á aplicación 10/432.451.623.01 do vixente orzamento provincial, cando en realidade debía sinalarse a aplicación 10/457.333.623.01.2009. Considerando que as Administracións Públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio, os erros producidos nos seus actos, de acordo co estipulado no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento para 2010, concretamente na Base 16ª.2 a), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo 26.18423, polo que se modifica o contrato da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra, no sentido de: Onde di: “O importe pode financiarse con cargo á aplicación 10/432.451.623.01” Debe dicir: “O importe pode financiarse con cargo á aplicación 10/457.333.623.01.2009 24.18602.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición