ATOPO
Registros actuales: 1.625.206
Objetos digitales disponibles: 504.759

Expediente xeral do fondo do Pazo da Buzaca

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..4.2.34.371/5

  • Título Expediente xeral do fondo do Pazo da Buzaca

  • Data(s) 2012-2013 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 72 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico(1836-) O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura. O Arquivo da Deputación é, loxicamente, un Servizo que nace parellamente á propia Institución Provincial, polo que, case sempre, se tivo un especial coidado, como ben o amasaba a Corporación na sesión de 19 de xullo de 1836, poucos meses despois da súa instalación, na que se pide ao Secretario que " ... alugue por canto da Deputación, un galeón preparado para poñer a salvo de calquera continxencia os papeis da secretaría.. . " . A continxencia á que se alude refírese, naturalmente, ao perigo das gavillas carlistas. Son innumerables as referencias ao Arquivo de que dispoñemos, referíndose á súa organización, fondos, materiais, locais e ao persoal profesional que o atendeu ininterrumpidamente, desde a primeira aparición no cadro de persoal da praza de Arquiveiro en 1853 até o cese de Enrique Villamil no ano 1955, a partir do cal, a praza, permanecería sen cubrir, até o ano 1977 en que comenzou os seus traballos o Arquiveiro Miguel Pereira Figueroa. Instalado ata 1890 nos locais do exconvento dos Padres Franciscanos, e trasladándose nese mesmo ano, conxuntamente coa Deputación, ao actual Palacio da Alameda, onde permanecería ata o ano 1983, no que o Arquivo se dividiu en dúas seccións diferenciadas, ocupando, cada unha delas, un local distante entre si. A partires de aqui intentase recompoñer o arquivo. Refórzanse as instalacións do Pazo Provincial na pranta alta, recupérase a totalidade da documentación depositada no Museo e abrense novas instalacións, no Convento de Xesuitas xunto con algúns locais mais, manténdose os do Pazo Provincial. Impulsouse o traballo de instrumentos descriptivos, ampliouse considerablemente o persoal, melloráronse as instalacións e ampliáronse os fondos con novos ingresos por depósito e compra. Ven de levarse a cabo a a reforma integral do edificio da rúa Padre Amoedo, o que proporciona unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha fachada na que destaca a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade. O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples. Nas plantas superiores van as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente xeral do fondo do Pazo da Buzaca. Contén: -- Informe urxente dos fondos documentais do Pazo da Buzaca (Moraña). Data, 2013, xaneiro, 15. Pontevedra. 42 follas -- Cadro de Clasificación do fondo documental. S/D [ca. 2013]. 1 folla. -- Acordo para a dixitalización do fondo. Data: 2013, marzo. Moraña. 2 follas -- Folla de remisión en calidade de depósito dos fondos documentais do Pazo da Buzaca. Data: 2012, novembro, 28. 1 folla. -- Inventario do material fotográfico do fondo documental. S/D [ca. 2012] 6 follas. -- Información relativa ao Pazo da Buzaca. Tirado de http://www.pazolabuzaca.com. Data: 2012, novembro, 27. 5 follas -- Artigo: PEÑA VIDAL, Carlos de la: "Os Varela de Casalnovo e Buzaca" en El Museo de Pontevedra, LVII, Pontevedra: 2003, páx 55-68. 15 follas. --Correspondencia de Enrique Varela Paz co arquiveiro Miguel Pereira Figueroa. 2013, xaneiro, 18 --Cesión de novos documentos, sen inventario, feito por Vicente Gil Varela. Sen asinar. 2021, febreiro, 11 --Documento de doazón de fondos bibliográficos asinado por Vicente Gil Varela, con folla anexa de inventario. 2021, marzo, 5. -Transcripción de folla de libro.Ano 1709 -Borradores de árbores xenealóxicos

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Bo estado de conservación Documentación impresa

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (Tema) (Creador)

Área de control da descrición