ATOPO
Registros actuales: 1.625.133
Objetos digitales disponibles: 504.759

Expedientes de sesións do CPAM

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.11.1

  • Título Expedientes de sesións do CPAM

  • Data(s) 1988-2007 (Creación) 1988-2007 (Produción)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación con 4 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recolle as actas de sesión do Consello de Administración do Centro Provincial de Asesoramento Municipal, órgano que funcionou entre 26 de decembro de 1988 e 2012, con periodicidade inicialmente trimestral. Non se conservan as actas dos anos 1993 a 1997, posiblemente por non terse celebrado sesiósn neses anos. Constituíuse logo de aprobación do Regulamento que rixe o propio CPAM, aprobado polo Pleno da Corporación o 4 de novembro de 1988 e publicado no BOPPO nº 258 e 259 do 9 de novembro de 1988. Na súa primeira sesión está formado polos membros nomeados polo Pleno de 22 de decembro de 1988; ademaís elíxese un director xerente do CPAM e desígnanse tres Alcaldes adcritos a este Consello, un por cada categoria de concello relacionada coa súa poboación. Está presidido polo Presidente ou Vicepresidente da Propia Deputación e formado por sete vogais e os tres Alcaldes elexidos, asistidos polo Secretario da Deputación e polo Interventor da mesma, así como polo Director Xerente. A partires de entón a asistencia aos concellos coordenase dende o Servizo de Asistencia Intermunicipal

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Asistencia Intermunicipal (Tema)

Área de control da descrición