ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

Expedientes de festas populares

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..3.9.2

  • Título Expedientes de festas populares

  • Data(s) 1936-2006 (Creación) 1987-00-00 - 2001 (Produción)

  • Volume e soporte 39 unidades de instalación con 234 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Grove

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Os expedientes de festexos tramítanse en relación á celebración de calquera tipo de festa, verbena, espectáculo ó aire libre ou similar no termo municipal, no cal o concello teña presenza dun ou doutro xeito, ben a través de concesión de licenza ou ben a través de apoio institucional, excluíndo salas de festas e espectáculos privados considerados actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que irían no seu correspondente apartado (3.01.) A serie específica máis recorrente quizais sexan son os expedientes tramitados polos concellos para a concesión de licenza para a celebración de festexos ou autorización dos mesmos. Na maior parte dos casos son instruídos despois da solicitude do presidente das comisións para a celebración das festas patronais das parroquias, debendo ser ordenados cronoloxicamente por anos de concesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)

Área de control da descrición