Fondos
DEPORTES
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..3.10
Título DEPORTES
Data(s) 1951-00-00 - 2008-00-00 (Produción)
Volume e soporte 13 unidades de instalación con 94 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle a documentación relacionada coas funcións dos concellos no eido deportivo, tanto no que ten que ver co funcionamento e co mantemento das instalación deportivas (pavillóns, piscinas e outros), como coa organización e coa celebración de actividades deportivas diversas ou coa a subvención das entidades deportivas do concello e das actividades das mesmas. 3.10.1.- Expedientes de actividades deportivas Agrupación de series coa documentación relacionada coas actividades deportivas, subvencións e funcionamento dos centros deportivos.
Organizació
Esta 1ª división de sección, DEPORTES, está organizada nunha única serie documental: 3.- SERVIZOS: 3.10.- DEPORTES: 3.10.1.- Expedientes de actividades deportivas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)