ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..1.4

  • Título COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

  • Data(s) 1981-2004 (Creación) 1981-2004 (Produción)

  • Volume e soporte 12 unidades de instalación con 43 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Grove

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A 1ª División de sección 1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS recolle as series deste órgano de representación coa función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, nas específicas áreas ou competencias de cada unha delas. 1.4.1.-Libro de actas de Comisións Informativas acta / comisión informativa Rexistro que recolle o traslado das sesións celebradas polas diferentes Comisións Informativas que funcionan en cada administración: Facenda, Urbanismo, Persoal...etc. Normalmente encadernado e coas follas numeradas, dispón de dilixencia de apertura e non é obrigatorio. 1.4.2.-Expedientes de sesións de Comisións Informativas comisión informativa Recollen os documentos de cada sesión. As Comisións Informativas están integradas exclusivamente por membros da Corporación e son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno, cando esta actúe con competencias delegadas polo Pleno, salvo que sexa preciso adoptar acordos declarados urxentes. Igualmente, informarán aqueles asuntos da competencia propia da Comisión de Goberno e do Alcalde, que lle sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión daqueles. Poden ser estas sesións permanentes ou especiais.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS, está organizada nas seguintes series documentais
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS:
    
    1.4.1. Libro de actas de Comisións Informativas
    1.4.2. Expedientes de sesións de Comisións Informativas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)

Área de control da descrición