ATOPO
Registros actuales: 1.625.133
Objetos digitales disponibles: 504.759

Fondos

Proxecto "Empleocities"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.6

  • Título Proxecto "Empleocities"

  • Data(s) 2002-2008 (Creación) 2002-00-00 - 2005-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 32 unidades de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Empleocities, enmarcado dentro do Artigo 6 do FSE, contribuiu a mellorar os plans para o emprego da Xunta de Galicia, e reporta beneficios a todos os actores do mercado de traballo, ao actuar sobre os piares da Estratexia Europea de Emprego (EEE). Nel se contemplaban dúas grandes liñas innovadoras de acción: 1. Desenvolvemento dunha metodoloxía para reforzar a aplicación da EEE a nivel local, incorporando mecanismos adicionais de acceso ás medidas activas de emprego, mediante un enfoque de arriba abaixo e experimentando en territorios con perfiles socioeconómicos diferenciados. Seu instrumento de implantación foi unha plataforma telemática, que continua activa na http://www.empleocities.org 2. Creación de dúas marcas de calidade, unha para cidades e outra para empresas. Os obxetivos principais do proxecto foron: I. Complementar os mecanismos de difusión das medidas dirixidas a aplicar a EEE - políticas activas de emprego e políticas de igualdade da Consellsría de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do goberno autónomo galego- aproveitando as estruturas existentes no territorio e reforzándoas, mediante unha intervención a nivel local para a consecución da participación da sociedad civil, dos sectores produtivos e dos interlocutores sociais. II. Crear unha ferramenta telemática interactiva (plataforma) para a mellora da difusión, axilizando a accesibilidade ás medidas activas de empego por parte dos beneficiarios finais. O sistema proporciona a desempreados/as, empreados/as, empresarios/as e sociedade civil en xeral unha ferramenta válida para a subministración da información, tanto para lles facer chegar de xeito máis eficiente as políticas activas de emprego -poboación activa, empresarios/as, emprendedores/as- como para a recollida de datos e demandas de asistencia técnica, proxectos empresariais e consultas financeiras. Esta ferramenta ten unha entrada e saída de información, que atende e da resposta ás demandas formuladas polos usuarios, proporcionando unha canle cara arriba.Os contidos informativos estruturanse de conformidade aos seguintes apartados: a. Formación b. Emprendedores/as c. Políticas de igualdade d. Servizos xerais (comarca-proemprego) III . Promover a sustentabilidade do modelo de estratexia adoptado mediante a normativización dos resultados de métodos de implantación da plataforma telemática, mediante a creación da marca de calidade “Cidade do Emprego” para os territorios, e “Empresa por emprego” para as empresas. Estas marcas implican un compromiso coa estratexia para favorecer o emprego no territorio A Deputación Provincial de Pontevedra foi o xefe de fila deste proxecto e estiveron implicados tres territorios, que se consideraron, dentro do proxecto, unidades comarcais de intervención: Comarca do Salnés (9 concellos), Comarca do Morrazo (4 concellos) e Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (12 concellos). Empleocities tiña un presuposto Total de 1.508.590,87€.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición