ATOPO
Registros actuales: 1.625.133
Objetos digitales disponibles: 504.759

Proxecto "Gretef"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.15

  • Título Proxecto "Gretef"

  • Data(s) 2003-2005 (Creación) 2003-2005 (Produción)

  • Volume e soporte 1 Unidade de instalación

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O proxecto GRETEF (Xestionar a reestructuración dos territorios para gañar o futuro) centrase en dous subtemas específicos: A xestión do cambio demográfico, co fin de apoiar as iniciativas innovadoras destinadas a promover o emvellecemento activo e aumentar a taxa de emprego dos traballadores de máis idade; e a xestión da reestructuración a fin de apoiar as solucións innovadoras neste ámbito consistentes en mellorar a capacidade de adaptación e anticipación dos traballadores ás empresas e ás autoridades públicas. O proxecto GRETEF basease na reestructuración de territorios rurais: comarcas do Condado-Paradanta e Baixo Miño, cuns recursos humanos insuficientes polo éxodo dos mozos e a súa economía de predominio agrario, pouco evolucionada doutras alternativas. O obxectivo do programa no plano social é o impulso para a fixación de poboación xoven a través de capacitación profesional. E no plano económico comprende a creación dun sistema integrado de apoio. á pequena e mediana empresa, para axudalas a xerar efectos de reestructuración e a preparar a súa anticipación ó cambio. Neste proxecto a Deputación Provincial de Pontevedra actuaría como Xefe de Fila e o paternariado sería: AGRICONPA, Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, ADTERRA, Federación de EFA de Galicia, AFRIFOGA, CAIXANOVA, AGADER, Asociación de Cámaras de Agricultura do Arco Atlántico (AC3A), AGAPINOR (Compañia de desenvolvemento do Peloponeso, Grecia), Cámara de Industria e Comercio de Arcadia, Grecia ARCHIMEDIA,S.A., Grecia. Presuposto: 1.400.000,00 Euros. Proxecto DENEGADO.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición