ATOPO
Rexistros actuais: 1.627.460
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.860

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.5.2.1.1

  • Título CONCELLO DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1438-1908 (Creación)

  • Volume e soporte 160 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística No Libro Rexistro de Entrada de documentación do Arquivo Histórico de Pontevedra non figura a data de ingreso do Arquivo do Concello de Pontevedra. Só existe a constancia dunha acta da Comisión Municipal Permanente do Concello de Pontevedra, de 16 de maio de 1940, na que dita Comisión accede á petición do director do Arquivo Histórico de Pontevedra para que se lle concedan, en calidade de depósito, todos os documentos reseñados no Inventario do Arquivo do Concello de Pontevedra.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido As series máis destacables son: as actas municipais, nos chamados Libros de Consistorio, que conteñen os acordos tomados polo concello da vila de Pontevedra; nomeamento e títulos de alcaldes, rexedores e xuíces e outros cargos; cobrados; contas de propios e arbitrios; preitos civís e criminais; abastos; veciñanzas; feiras; mercados.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre, limitándose o acceso naqueles documentos nos que o seu estado de conservación así o aconselle.

  • Condicións de reprodución Estado de conservación bo

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

Área de notas

  • Nota Consérvase un Cantoral do século XVI en pergameo.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Concello España Galicia Pontevedra

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición