ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

A GUARDA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.4.1.1

  • Título A GUARDA

  • Data(s) 1863-1989 (Creación)

  • Volume e soporte 219 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Distrito da Guarda(1855-) O R.D. do 22 de outubro de 1855 estableceu que en todos os concellos houbera xuíces de paz, ou "conciliadores", en primeira instancia. As Leis de 1870 e 1907 crearán xuíces municipais, primeiro, e Xulgados municipais, despois, en cada termo municipal. A partir da Lei de Bases de 1944, a Orde do 24 de marzo de 1945, convertirá ó Xulgado da Guarda en Xulgado Comarcal, que comprendería os Xulgados de Paz de Oia e O Rosal. Polo R.D. 2104/1977 pasará a ser Xulgado de Distrito ata 1989 en que, por Acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial, do 3 de novembro, se convirte en Xulgado de Paz.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística O Acordo do 3 de novembro de 1989 determinou que os asuntos pendentes, e o arquivo, do suprimido Xulgado de Distrito da Guarda, pasaran ó Xulgado de 1ª Instancia de Instrución nº 2 de Tui, o que custodiou a documentación ata que en abril de 2004 lle foron transferidos ó A.H.P. de Pontevedra os dous Xulgados de Distrito suprimidos, o da Guarda e o de Tui.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido No eido civil, a documentación está formada por Xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento, e mais actos de conciliación, e no eido penal, de Xuízos de faltas.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, de 25 de xuño, de Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación bo

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada no fondo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Tui.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Guarda, A

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Guarda, A

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de Distrito da Guarda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición