Fondos
3. INSTITUTO PROVINCIAL DE PSICOLOXÍA APLICADA E PSICOTECNIA
INSTITUTO PROVINCIAL DE PSICOLOXÍA APLICADA E PSICOTECNIA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.3.2.4.3
Título INSTITUTO PROVINCIAL DE PSICOLOXÍA APLICADA E PSICOTECNIA
Data(s) 1964-1982 (Creación)
Volume e soporte 211 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia de Pontevedra(1961-1982) Descoñécese o decreto de creación do Instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia de Pontevedra pero, de acordo coa creación doutros centros e a data da documentación, sería entre 1961 e 1964. Os primeiros centros creáronse polo Decreto do 21 de decembro de 1928. O Decreto do 22 de marzo de 1934 do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes establece que a función do instituto será a orientación profesional e psicotécnia e a medida que as necesidades o demanden irase organizando en cada capital de provincia unha oficina-laboratorio de selección e de orientación profesional constituída por un psicotécnico director, un médico e un secretario estatístico. O Decreto do 2 de setembro de 1955 conferiulle ó Instituto Nacional a denominación que actualmente ten, establecendo as funcións dos centros, que estarán relacionados cos centros de formación profesional industrial. Será o Decreto do 21 de febreiro de 1963 do Ministerio de Educación Nacional o que formule o contido, especificando as funcións concretas destes centros, entre os que se atopa o estudo médico-fisiolóxico e psicolóxico dos que aspiren ó permiso de condución de vehículos automóbiles. Esta última función é a que compón o fondo conservado neste arquivo. A Orde do 20 de marzo de 1964 aproba o Regulamento dos institutos provinciais de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia. A Orde ministerial do 5 de febreiro de 1969 establece que os certificados de aptitudes para obter o permiso de condución deberán estar expedidos por un médico con exercicio profesional na localidade onde reside habitualmente o solicitante ou pola Xefatura Provincial de Sanidade, cando se trata de obter licenza de condución ou permiso das clases A-1, A-2 o B. Ou polo instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia da provincia na que o permiso se solicite, cando se trata dos das clases C, D e E. O Real decreto 2689/1980 do Ministerio de Educación dispón o cambio de nome dos institutos provinciais de Psicoloxía Aplicada e Psicotecnia que en adiante pasarán a denominarse institutos de orientación educativa e profesional, e cuxa función será a realización das tarefas de orientación educativa e profesional. Na súa disposición transitoria establece un período de dous anos durante o que seguirán tendo ó seu cargo o estudo médico-fisiolóxico e psicolóxico dos que aspiren ó permiso de conducir, isto sen prexuízo de que se poidan autorizar a outros organismos e institucións públicas ou privadas para realizaren estas funcións.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Ingresa o 4 de marzo de 1988 cunha transferencia realizada con urxencia, por ter que abandonar o local no que se atopa situado o instituto. Dada a urxencia do desaloxamento non se realizou ningún tipo de relación de entrega.
Forma do ingreso Transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O fondo reúne soamente a documentación da actividade que o instituto tiña en relación cos exames psicotécnicos do carné de conducir. Non ten unha continuidade cronolóxica, cunha lagoa que vai de 1964 a 1970.
Organizació
A documentanción deste fondo é pouca tanto polo número de unidades de instalación coma polo de series. Componse das seguintes series: Rexistro de entrada de correspondencia 1 libro (1964) Rexistro de saída de correspondencia 3 libros (1964,1971-1972) Exame médico psicotécnico 202 caixas (1970-1982) e 1 libro do ano 1963 Libro de recadación de taxas parafiscais 2 libros (1970-1972)
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre, agás as restricións contempladas no art. 57.1c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso
Instrumentos de descrición Inventario
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia de Pontevedra (Tema) (Creador)