ATOPO
Rexistros actuais: 1.626.370
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.804

Fondos

DELEGACIÓN PROVINCIAL DO MINISTERIO DE INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.3.2.5.1

  • Título DELEGACIÓN PROVINCIAL DO MINISTERIO DE INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

  • Data(s) ca.1900-ca.1999 (Creación)

  • Volume e soporte 61 metros lineais

Área de contexto

  • Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo(1924-) As competencias e funcións do Estado en materia de industria foron, desde mediados do século XIX, desenvolvidas por un ministerio que, segundo o momento histórico, compartiu a súa titularidade coas de traballo, comercio, agricultura ou minas, entre outras. O seu precedente provincial remóntase, non obstante, ó ano 1924, cando, mediante a Real orde do 25 de xaneiro, se crean os servizos provinciais de inspección industrial que actuarían, ademais, como negociados de industria dos gobernos civís. Máis tarde, no Regulamento orgánico do corpo de enxeñeiros industriais ó servizo do Ministerio de Economía Nacional, do 17 de novembro de 1931, establécense, por primeira vez, unhas xefaturas de industria clasificadas en tres categorías, cambiando a súa denominación pola de delegacións provinciais de industria mediante o Decreto do 9 de maio de 1936. En 1951, polo Decreto-lei do 19 de xullo, despois da separación das competencias de industria e comercio, ata o momento unidas, créase o Ministerio de Industria cuxa estrutura permanecerá sen cambios ata que o Decreto 2764/1967 do 27 de novembro, sobre reorganización da Administración civil do Estado para reducir o gasto público, establece a integración, en cada provincia, das delegacións de industria e os distritos mineiros nun só organismo. Tales delegacións foron organizadas, con carácter provisional, mediante a Orde do 1 de febreiro de 1968, contemplando a existencia de dúas seccións: industria e minas, que adquiriron o seu carácter definitivo co Decreto 1713/1972, do 30 de xuño, de reorganización do Ministerio de Industria. As modificacións que, ó respecto, se fixeron con posterioridade non afectaron no substancial á Administración periférica ata que o proceso autonómico obrigou a un cambio neste sentido. Así, o Real decreto 3317/1981, do 29 de decembro, establece que no territorio de cada Comunidade Autónoma existirá unha Dirección Territorial do Ministerio, agora, de Industria e Enerxía, e direccións provinciais nas provincias que non sexan sede da territorial.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Desde que, en 1979, a Dirección do Arquivo Histórico dera a voz de alarma do pésimo estado de conservación no que se atopaba a documentación depositada no edificio (en ruínas) no que, no pasado, estivera instalada a oficina de Contrastación de Pesas e Medidas dependente da Delegación Provincial de Industria de Pontevedra, ata o seu ingreso naquel, tiveron que pasar dez anos nos que as instalacións do mosteiro de Poio serviron de depósito provisional. Así, en maio de 1989, cando as condicións de espazo e conservación foron boas para a súa recollida, o Arquivo fíxose cargo da súa custodia.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Destacan, entre outras, as series de expedientes de autorización de instalacións industriais, certificacións do enxeñeiro xefe e contas.

  • Organizació

    En proceso de organización e descrición

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, de 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación manuscrita e mecanografada

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición