MARCO NORMATIVO
- NORMATIVA NACIONAL (ESPAÑA)
- NORMATIVA AUTONÓMICA (GALICIA)
- NORMATIVA EUROPEA
- NORMALIZACIÓN EN INFORMACIÓN XEOGRÁFICA
Sistema Cartográfico Nacional
Plan Cartográfico Nacional 2021-2024
Resolución de 23 de marzo de 2021, do Instituto Xeográfico Nacional, pola que se publica o Convenio entre o Consello Superior Xeográfico e a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que a Comunidade Autónoma de Galicia intégrase no Sistema Cartográfico Nacional
Lei 2/2018 de 23 de maio, pola que se modifica a Lei 14/2010, de 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España
Acordo polo que se aproba o Plan cartográfico nacional 2017-2020
Lei 14/2010, de 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España. BOE núm. 163, ano 2010
Real Decreto 1545/2007, de 23 de novembro, polo que se regula o Sistema Cartográfico Nacional. BOE núm. 287, ano 2007
Lei 7/86, de 24 de xaneiro, de ordenación da cartografía. BOE núm. 25, ano 1986
Xeodesia
Sinais xeodésicos e xeofísicos
Real decreto 2421/1978, de 2 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 11/1975, de 12 de marzo, sobre sinais xeodésicos e xeofísicos
Lei 11/1975, de 12 de marzo, sobre sinais xeodésicos e xeofísicos
Sistema xeodésico de referencia
Real decreto 1071/2007, de 27 de xullo, polo que se regula el sistema xeodésico de referencia oficial en España. BOE núm. 207, ano 2007
Delimitacións territoriais
Real decreto 3426/2000, de 15 de decembro, polo que se regula o procedemento de deslinde de termos municipais pertencentes a distintas comunidades autónomas
Real decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.
Límites administrativos no ámbito mariño
Real decreto 236/2013, de 5 de abril, polo que se establece a zona económica exclusiva de España no Mediterráneo noroccidental.
Convenio entre España e Italia sobre delimitación da plataforma continental no Mediterráneo, BOE 290/1978
Real decreto 2510/1977, de 5 de agosto, sobre trazado de liñas de base rectas
Convenio entre España e Francia sobre delimitación da plataforma continental no Golfo de Biscaia, BOE 163/1975
Convenio entre España e Francia sobre delimitación do mar territorial e zona contigua no Golfo de Biscaia, BOE 159/1975
Costas
Real decreto 876/2014, de 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas
Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei 22/1988, de 28 de xullo, de costas
Lei 22/1988, de 28 de xullo, de costas
Dominio público hidráulico
Real decreto 9/2008, de 11 de xaneiro, polo que se modifica o Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, de 11 abril
Real decreto 606/2003, de 23 de maio, polo que se modifica el Real decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI e VIII da Lei 29/1985, de 2 de agosto, de augas
Real decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, de 2 de agosto, de augas
Cartografía catastral
Resolución do 8 de abril de 2021, da Subsecretaría, pola que se publica a Resolución do 29 de marzo de 2021, conxunta da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública e da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproban as normas técnicas para a incorporación da representación gráfica de inmobles en documentos notariais
Resolución do 7 de outubro de 2020, conxunta da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública e da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproban as especificacións técnicas complementarias para a representación gráfica dos predios sobre a cartografía catastral e outros requisitos para o intercambio de información entre o Catastro e o Rexistro da Propiedade
Resolución de 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos puntos de información catastral
Resolución do 29 de octubre de 2015, da Subsecretaría, pola que se publica a Resolución conxunta da Dirección Xeral dos Rexistradores e do Notariado e da Dirección Xeral do Catastro, pola que se regulan os requisitos técnicos para o intercambio de información entre o Catastro e os Rexistros da Propiedade
Resolución de 17 de outubro de 2013, da Subsecretaría, pola que se aproba a relación de documentos electrónicos normalizados do ámbito de competencia do rexistro electrónico do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
Resolución de 23 de marzo de 2011, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproban os criterios de acceso, formatos de entrega e condicións da licenza-tipo para o acceso ao servizo de descarga masiva de datos e cartografía a través da sede electrónica do Catastro
Resolución de 24 de novembro de 2008, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime de funcionamento da Oficina Virtual do Catastro e dos puntos de información catastral
Real decreto 417/2006, de 7 de abril, polo que se desenvolve o Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario
Real decreto legislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario
Instrución de 26 de marzo de 1999, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre certificacións catastrais descritivas e gráficas para os efectos de constancia documental e rexistral da referencia catastral
Real decreto 585/1989, de 26 de maio, polo que se desenvolve a Lei 7/1986, de 24 de xaneiro, en materia de cartografía catastral
Real decreto 2949/1979, de 29 de decembro, sobre competencias do Instituto Xeográfico Nacional no concernente ao mapa nacional topográfico parcelario
Lei de 1906 que establece o Catastro Topográfico Parcelario
Xeral
Real Decreto 308/2022, de 3 de maio, polo que se modifican o Real Decreto 139/2020, de 28 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais, e o Real Decreto 645/2020, de 7 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
Real Decreto 645/2020 de 7 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
Real decreto 139/2020 de 28 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais
Real decreto 2/2020 de 12 de xaneiro, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais
Real decreto 953/2018, de 27 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Fomento
Real decreto 595/2018, de 22 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais
Real decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais
Real decreto 1792/1999, de 26 de novembro de 1999, polo que se regulan a composición e o funcionamento do Consello Superior Xeográfico. BOE núm. 296, ano 1999
Real decreto 2724/1998, de 18 de decembro, de integración dos servizos rexionais da Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional nas delegacións do Goberno
Real decreto 2949/1979, de 29 de decembro, sobre competencias do Instituto Xeográfico Nacional no concernente ao mapa nacional topográfico parcelario
Centro Nacional de Información Xeográfica
Real Decreto 310/2021, de 4 de maio polo que se aproba o Estatuto do Organismo Autónomo Centro Nacional de Información Xeográfica
Real decreto 1637/2009, de 30 de outubro, polo que se modifica o Estatuto do Centro Nacional de Información Xeográfica, aprobado polo Real decreto 663/2007, de 25 de maio
Lei 37/1988, de 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1989. Artigo 122, polo que se crea o Centro Nacional de Información Xeográfica
Órganos colexiados
Real decreto 1391/2007, de 29 de outubro, polo que se regula a Comisión Española de Xeodesia e Xeofísica
Real decreto 663/2001, de 22 de xuño, polo que se modifica o Regulamento da Comisión Nacional de Astronomía aprobado polo Real decreto 587/1989, de 12 de maio
Real decreto 587/1989, de 12 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Comisión Nacional de Astronomía
Orde PRE/2004/2013, de 25 de outubro, pola que se actualiza a composición da Comisión Permanente de Normas Sismorresistentes
Real decreto 518/1984, de 22 de febreiro, polo que se reorganiza a composición da Comisión Permanente de Normas Sismorresistentes
Outras normas
Transparencia, acceso á información pública e reutilización
Lei 18/2015, de 9 de xullo, pola que se modifica a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público
Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
Real decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica
Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público
Lei 27/2006, de 18 de xullo de 2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, BOE núm. 171, ano 2006
Política de difusión
Resolución de 3 de outubro de 2017, do Centro Nacional de Información Xeográfica, pola que se fixan os prezos públicos que deben rexer na distribución de produtos, publicacións e prestación de servizos de carácter xeográfico
Orde FOM/2807/2015, de 18 de decembro, pola que se aproba a política de difusión pública da información xeográfica xerada pola Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional
EIEL
Orde APU/293/2006, de 31 de xaneiro, de desenvolvemento do mencionado Real decreto
Real decreto 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado aos investimentos das entidades locais
Propiedade Intelectual
Lei 23/2006, de 7 de xullo, pola que se modifica o Texto refundido da Lei de propiedade intelectual
Real decreto lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de propiedade intelectual
SIGPAC
Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. O Regulamento (CE) nº 1593/2000, do Consello, de 17 de xullo de 2000, no que se modifica o Regulamento (CEE) nº 3508/92, polo que se establece un Sistema Integrado de Gestión de Control (SIGC) de determinados réximes de axuda comunitarios, obriga a crear un Sistema Gráfico Dixital de Identificación de Parcelas Agrícolas, utilizando as técnicas informáticas de Información xeográfica, recomendando, ademais, a utilización de ortoimaxes aéreas ou espaciais
No mencionado regulamento tamén se establece que, a 1 de xaneiro de 2005, cada Estado membro debe dispoñer dunha base de datos gráfica de todas as parcelas de cultivo dixitalizadas, cunha precisión equivalente, polo menos, a unha cartografía a escala 1:10.000 e, a partir do ano 2016, de escala 1:5.000
A regulación comunitaria do sistema de identificación de parcelas agrarias recóllese no Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, sobre a financiación, xestión e seguimento da Política Agrícola Común (artigo 70) e no Regulamento Delegado (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade
O Real decreto 1077/2014, de 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas
Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se aproban as especificacións de produto da Base topográfica urbana de Galicia (BTUG) e as especificacións de produto da Base topográfica de Galicia (BTG) como normas técnicas de produción de cartografía de Galicia
Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a actualización do Plan básico autonómico de Galicia
Decreto 14/2017, de 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia
Decreto 134/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos concellos de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o concello de Cerdedo-Cotobade
Decreto 172/2012, de 1 de agosto, polo que se regula a CCSIXG
Decreto 19/2011, de 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio
Resolución de 23 de xuño de 2010, do Instituto Xeográfico Nacional, Resolución de 23 de xuño de 2010, do Instituto Xeográfico Nacional, pola que se publica o Convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia, polo que a comunidade autónoma se integra no Sistema Cartográfico Nacional e se establecen os contidos do Real decreto 1545/2007, de 23 de novembro, que afectan a esa integración
Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega
Decreto 148/2003, de 9 de xaneiro, polo que se crea a CCSIXG
Decreto 65/1997, de 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia.
Lei 7/1996, de 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal
Lei 10/1995, de 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia
Toponimia oficial
A toponimia oficial está recollida nos seguintes decretos:
- A Coruña: Decreto 189/2003, de 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña (DOG do 25 de marzo de 2003)
- Lugo: Decreto 6/2000, de 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo (DOG do 25 de xaneiro de 2000)
- Ourense: Decreto 332/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Ourense (DOG do 29 de agosto de 1996)
- Pontevedra: Decreto 219/1998, de 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra (DOG do 28 de xullo de 1998)
Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística
Normativa de carácter europeo que recolle toda a documentación, textos e información relacionada coas infraestruturas de datos espaciais
- Directiva Europea 2007/2/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de marzo de 2007, pola que se establece unha infraestrutura de información espacial na Comunidade Europea (INSPIRE)
- Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do público á información medioambiental
Regulamentos e directrices técnicas
Datos
- Regulamento de Execución (UE) 2023/138 da Comisión de 21 de decembro de 2022 polo que se establecen unha lista de conxuntos de datos específicos de alto valor e modalidades de publicación e reutilización
- Regulamento (UE) núm. 1089/2010, no que se refire á interoperabilidade dos conxuntos e aos servizos de datos espaciais: neste Regulamento defínense os requisitos para garantir a interoperabilidade e a harmonización dos conxuntos de datos e servizos espaciais dos temas dos anexos I, II e III da Directiva. Inclúe requisitos coma as regras de codificación dos conxuntos de datos espaciais, tipos de obxectos espaciais e de datos, definición de enumeracións e listas controladas, metadatos mínimos obrigatorios etc. Establécese que a representación dos conxuntos de datos espaciais se debe realizar a través dun servizo de visualización coas capas e estilos definidos nas especificacións de datos de cada tema. Esta versión refundida recolle as tres modificacións seguintes (31 de decembro de 2014) (ver modificacións)
- Regulamento (UE) núm. 1089/2010, no que se refire á interoperabilidade dos conxuntos e aos servizos de datos espaciais: este documento non contén as modificacións posteriores de 2011, 2013 e 2014. (8 de decembro de 2010)
- Especificacións de datos: estes documentos, coñecidos como especificacións de datos, desenvolvéronse para cada un dos temas dos anexos da Directiva e neles establécense as características técnicas necesarias para crear datos harmonizados. Se desexa unha breve descrición de cada unha das especificacións de datos pode acceder á sección do blog IDEE no que se recompilan os comentarios que se foron publicando de cada unha das especificacións
Servizos de rede
Regulamento
Regulamento modificado (CE) núm. 976/2009, no que se refire aos servizos de rede: establécense nel especificacións técnicas e criterios mínimos de calidade para os servizos de rede do tipo visualización, localización, descarga e transformación
Directrices técnicas
Directrices técnicas para a implementación de servizos de localización: establece os criterios para implementar o servizo Catalogue Services Specification 2.0.2 - ISO Metadata Application Profile for CSW 2.0
Directrices técnicas para a implementación de servizos de visualización: establece os criterios para poñer en marcha servizos de visualización segundo o Perfil Inspire de ISO19128 – WMS 1.3.0 y WMTS 1.0.0
Directrices técnicas para a implementación de servizos de descarga: establécense os criterios para crear servizos de descarga de conxuntos de datos predefinidos (ATOM ou ISO 19142 Web Feature Service e ISO 19143 Filter Encoding Specification) e servizos de descarga directa de datos (ISO 19142 Web Feature Service e ISO 19143 Filter Encoding Specification)
Directrices técnicas para a implementación de servizos de descarga utilizando servizo web de coberturas: establece os criterios para crear servizos segundo Web Coverage Service, WCS 2.0
Directrices técnicas para a implementación de servizos de rede de transformación de esquemas INSPIRE: aplícaselles soamente aos servizos de transformación de modelos de datos
Máis información e documentos sobre a implementación segundo Inspire para o caso de servizos de rede na sección de servizos de rede do portal Inspire.
Introdución aos servizos de rede
Metadatos
- Regulamento (UE) núm. 1311/2014, polo que se modifica o Regulamento (CE) núm. 976/2009, no que se refire á definición do elemento de metadatos Inspire
- Directrices técnicas sobre metadatos baseadas na ISO/TS 19139:2007: implementación dos requisitos técnicos dos metadatos de conxuntos de datos, series e servizos de datos espaciais (incluídos os servizos de rede) dos regulamentos 1205/2008 e 1089/2010
- Regulamento (UE) núm. 268/2010 da Comisión de 29 de marzo de 2010 polo que se establecen disposicións de aplicación da Directiva 2007/2/CE do Parlamento Europeo e do Consello no que incumbe ao acceso aos conxuntos e servizos de datos espaciais dos Estados membros por parte das institucións e órganos da Unión en condicións harmonizadas
- Regulamento (CE) núm. 1205/2008, no que se refire aos metadatos: neste Regulamento defínese o conxunto mínimo de elementos de metadatos, xunto coas súas definicións e características de multiplicidade
Outros
REGULAMENTO DE EXECUCIÓN (UE) 2021/581 DA COMISIÓN de 9 de abril de 2021 relativo aos mapas de situación do Sistema Europeo de Vixilancia de Fronteiras (EUROSUR)
Aviso xurídico importante
Os textos que se ofrecen nestas páxinas están destinados ao seu uso como instrumento documental. A Cartoteca non se fai responsable do seu contido. Estes textos non teñen validez xurídica ningunha. Para fins xurídicos consulte os textos publicados nos boletíns e nos diarios oficiais.
Se desexa engadir o seu enlace á nosa lista de ligazóns ou percibe algún erro nos que xa temos agradeceremos que se poñan en contacto con nós a través do enderezo electrónico cartoteca@depo.es