ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.691
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.529

SUBVENCIÓNS

Ademais das edicións de produción propia a Deputación de Pontevedra ofrece cada ano unha liña de subvencións á que poden acceder tanto as distintas asociacións coma aquelas autoras e autores que desexen achegar os seus traballos de investigación e estudo a un público amplo e interesado por coñecer máis sobre a nosa provincia.

O principal obxectivo é facilitar a edición de obras que, pola súa especificidade ou características, ven limitada a posibilidade de seren publicadas, a pesar da súa calidade técnica ou do seu interese para a cidadanía.

As bases que rexen estas subvencións publícanse anualmente na páxina web da Deputación de Pontevedra. Nelas establécense os criterios que determinarán a súa adxudicación, entre os que destacan como prioritarios o feito de levar a cabo un claro labor a prol da normalización lingüística e da igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade.


Bases e formulario de solicitude