ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Adhesión á querela arxentina

22 de abril de 2021

A Deputación de Pontevedra está a acompañar as familias que pretenden restituír a dignidade das persoas axustizadas no franquismo por medio da adhesión á querela arxentina interposta —debido á dificultade de actuación nos xulgados españois— ante un xulgado penal da Arxentina polos delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade cometidos en España pola ditadura franquista entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977.

Ata o día de hoxe houbo varios pasos:

Sinatura simbólica de adhesión das familias Paz, Bóveda e Caamaño.

Presentación da querela das familias Paz, Bóveda e Caamaño no consulado arxentino.

Presentación de novas querelas de familias no Consulado Arxentino.