ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

Adquisición do arquivo de Pepe Velo

22 de xaneiro de 2021

A institución provincial adquiriulle o arquivo persoal de Pepe Velo ao seu fillo para difundir e poñer en valor a figura, as obras e as ideas dunha persoa "que loitou pola liberdade", e anunciou a próxima publicación dun libro cunha escolma do material inédito adquirido, ademais da colaboración no documental Xosé Velo en Vigo. A guerrilla antifranquista na provincia de Pontevedra, dirixido por Aser Álvarez.