ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Presentación do libro O pasado por vir

9 de xuño de 2021

A Deputación presentou o libro O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o Franquismo, editado polo Departamento de Memoria Histórica logo de recompilar artigos de persoas investigadoras co fin de botar a mirada atrás para facer reconto das oportunidades perdidas en Galicia a causa do golpe de Estado do 1936 e co ánimo de recuperar aquel legado das vangardas galegas.

Na obra, coordinada por Montse Fajardo, participan autoras e autores que realizaron unha análise do país desde o eido económico, a política, os movementos sociais, a cultura e o ensino:

Marcelino Abuín, co artigo "A conquista da democracia"

Carlos Francisco Velasco Souto, co artigo "Cara a umha humanidade libertada. O projeto emancipatório da II República e a construçom de umha sociedade galega consciente e dona de si"

Dionisio Pereira, autor de "Cómpre botar de menos a xente que o país perdeu"

Xosé Álvarez Castro, autor de "A parroquia como xerme. Agrarismo e cultura"

Manuel Igrexas, que fala sobre "A Terra de Deza: o proxecto do Seminario de Estudos Galegos que nunca viu a luz"

Raúl Soutelo, que escribiu sobre "A memoria da emigración a América e da súa pegada na modernización da sociedade galega anterior á guerra civil)"

Ricardo Gurriarán, co artigo "Da luzada ao ‘apagón' de 1936 ("¡Es general!"): A Facultade de Ciencias da universidade Galega (Sección de Química, 1922): principal foco científico do país"

María Victoria Martíns, co artigo "Educación Física e deporte feminino no primeiro terzo do s. XX"

Carme Vidal, co escrito "As mulleres que escriben para recuperar a memoria"