ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Xornada Galiza ten Memoria. Políticas Públicas

12 de xuño de 2021

A Deputación de Pontevedra organizou unha xornada de traballo con colectivos memorialistas da provincia de Pontevedra e representantes dos tres grupos do Parlamento galego para abordar a situación actual da memoria histórica en Galicia, as súas eivas e necesidades, así como as propostas de actuación por parte dos grupos parlamentarios, e en concreto a nova Lei de memoria democrática.

Presidido pola deputada de Memoria Histórica da Deputación, María Ortega, no acto interviñeron Alberto Pazos Couñago por parte do Partido Popular, Luís Bará por parte do Bloque Nacionalista Galego, e a senadora Margarita Adrio por parte do Partido Socialista de Galicia. Pola parte dos colectivos memorialistas asistiron representantes da Asociación Amigos de Johan Carballeira; da Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcia de Arousa; da Asamblea Republicana de Vigo; de Ceaqua; da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36; da ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Comun de Sestás; da Irmandade do Dolmen; do Grupo de Traballo sobre Memoria Democrática do Partido Comunista de Galicia (Comarca de Vigo); de Memoria Histórica de Marín; da Asociación Cultural Vagalumes Terra de Montes; da Asociación Comisión Suárez Picallo; da Fundación Tilve; de Sempre con Vós Pontevedra; da Asociación Levada Libre de Tui; de Memoria Histórica de Valga; da Iniciativa Galega pola Memoria, e, como convidada da provincia da Coruña, da CRMH do Barbanza.