ATOPO
Rexistros actuais: 1.065.569
Obxectos dixitais dispoñibles: 400.920

Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra

07 de setembro de 2021

"Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra" é unha idea orixinal do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista na provincia a través da música.

Neste traballo documental participan voces moi diversas que lembran as vítimas a través da interpretación de cancións coa represión como fío común gravadas en lugares simbólicos, testemuñas da barbarie no tempo do medo: a antiga Escola Normal e o edificio da Deputación de Pontevedra; o cemiterio da Estrada; o pozo da Revolta, en Marín; a praia de Massó, en Cangas; a praia de Alcabre, en Vigo; a Volta dos Nove, en Baiona; a Volta da Moura, símbolo da resistencia do Baixo Miño; e a illa de San Simón, o gran símbolo da memoria e a solidariedade en Galicia, que debe volver ser, por sempre, a nosa Illa da Memoria.

"Acorda" darase a coñecer na preestrea no Teatro Principal de Pontevedra o vindeiro 17 de setembro. O photocall comeza ás 20:00 horas e a proxección ás 20:30 horas. Rógase puntualidade (é necesaria inscrición previa). A súa estrea oficial terá lugar no Ourense Film Festival 2021 o vindeiro 1 de outubro.

Formulario de inscrición (Prazas esgotadas)

 

SINOPSE

Unha mensaxe de paz, memoria e rebeldía para as novas xeracións.

Toda historia de represión e inxustiza ten o seu relato de resistencia e esperanza. A nosa memoria acorda e renace nos lugares, na xente.

No 36, o fascismo franquista quixo apagar a nosa voz e o noso pensamento, quixo roubarnos a chuvia. A historia escríbea quen vence, pero outras historias continuaron escribíndose tamén. Hoxe, coma quen acorda dun longo sono, volvemos a algúns dos lugares onde habitou o silencio, o medo, a perda e poboámolos de música, cancións e palabras. Unha emocionante viaxe á memoria da man do poeta e narrador Lois Pérez e da cantora Uxía, que reúne algunhas das voces máis representativas de Galicia para ilustrar historias de loita e dignidade. 

CRÉDITOS

Intérpretes:

Emilio Rúa e Silvia Penide, Vida miña

Ugia Pedreira e Marina Oural, Romance das lavandeiras

Sheila Patricia, Manolo mío

Eladio Santos, Agardarei

Tanxugueiras, Autarquía

Ezetaerre, A herdanza do vento

Uxía e Su Garrido, Voces da memoria

Elenco:

Tero Rodríguez

Andrés Giráldez

Eduardo R. Cunha, ‘Tatán'

Lois Pérez Díaz

Laura Pérez

Gonzalo Valcárcel

Sofía Núñez

Clara Iglesias

María Porto

Ana Facchini

María Diéguez

André Ces

Idea orixinal: Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra

Dirección artística: Uxía e Marina Carracedo

Dirección e realización: Lucas Terceiro

Guión e narración: Lois Pérez

Asesoramento de contidos: Montse Fajardo

Cámaras: Lucas Terceiro, Clara Alonso, Pedro Tizón

Son: Arturo Vaquero

Produción: Marina Carracedo

Fotografía do making of: Alba Díaz

Montaxe e etalonaxe: Lucas Terceiro

Deseño gráfico do loto: Víctor Coyote

Testemuñas

Queta Molas

Telmo Comesaña

Sheila Patricia

Eduardo R. Cunha ‘Tatán'

Blanca Francés