ATOPO
Rexistros actuais: 1.186.134
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.506

As 9 cruces

17 de outubro

A Deputación, a través do Departamento de Memoria Histórica, acaba de editar o seu segundo libro de banda deseñada para achegarlle á xente moza o relato dos feitos que aconteceron durante os anos da ditadura e da represión franquista.

A nova obra, titulada As 9 cruces, conta a historia da resistencia e do asasinato de 9 homes na curva de Baredo, desde entón coñecida como A Volta dos Nove.

A novela gráfica está coordinada polo debuxante Kiko da Silva, co guión de Fernando Llor e os debuxos de Fonso Barreiro, Zaida Novoa, Pablo Prado, Damián Gómez Figueiras, Andrés Chinchilla, Antonio Recuna, Miguel Rojo, Mara Méndez, Daniel Corrada, Jorge Fernández, Álex Rozazos e Miriam Iglesias.

Desde o día da presentación da banda deseñada en Baiona o 14 de outubro, un día antes de que se conmemore a efeméride do asasinato, cada venres colgarase na Web de Memoria Histórica da Deputación un capítulo da historia.

No mes de decembro entregarase o exemplar completo nas bibliotecas, nos puntos de lectura municipais e nos centros de ensino da provincia.