Canteira Fest
- Galería de fotos
- Lista de reproducción dos vídeos no canal de YouTube da Deputación
No departamento de Memoria Histórica da Deputación queremos achegar a memoria á xente máis nova con formatos diferentes e en espazos distintos das aulas.
Por iso habilitaremos un espazo propio no Canteira Fest de Vilaboa o 16 e 17 de setembro.
Alí haberá información e moitas actividades relacionadas coa memoria complementarias ás do propio festival.
Venres, 16 de setembro
18.00h Estrea dunha nova contada de Polo Correo do Vento centrada nas Misións Pedagóxicas que durante a República levaron libros, teatro e cultura polas distintas aldeas de Galicia (espazo crianzas)
19.00h Obradoiro de Xurxo Souto sobre a música represaliada polo franquismo (espazo memoria)
Sábado, 17 de setembro
13.00h Sesión vermú a cargo de Nasla
16.30h Taller de regueifa sobre memoria histórica a cargo do Rabelo (espazo memoria)
18.30h Contada das misións pedagóxicas a cargo de Polo Correo do Vento (espazo crianzas)
23.59h (ao rematar concerto Tanxugueiras) Performance de Os Quinquilláns coa colaboración da Escola de Música de Vilaboa e intérpretes da aula de teatro de Pontevedra (escenario principal)
Durante todo o festival Cestola na Cachola pintará un mural sobre memoria histórica nunha das paredes do edificio da canteira, que se unirá aos realizados os anos anteriores, e permanecerá en futuras edicións, nas que agardamos continúe a vinculación coa memoria.
Tamén haberá bandeirolas con información sobre mulleres simbólicas para a memoria histórica por todo o recinto do festival.
Pola nosa parte, agradecemos de corazón a total vinculación de toda a organización do Canteira Fest co noso proxecto, de Fernando e Aitana, ilustradoras, e de Sara, a deseñadora do noso cartaz.