III XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA
III XORNADAS CONTRA A IMPUNIDADE
26 e 27 de novembro de 2021
Pazo provincial da Deputación de Pontevedra
Por terceiro ano consecutivo, e cando se cumpren 85 anos desde o golpe de Estado, a Deputación de Pontevedra levará a cabo as súas Xornadas de Loita contra a Impunidade, centradas este ano na "Corrupción franquista: métodos e consecuencias na actualidade".
Nelas poñerase sobre a mesa, sen censura, que as empresas que financiaron a ditadura xenocida se facían de ouro mentres había persoas asasinadas, torturadas e encarceradas, e outras sufrían unha importante represión económica que condicionou a súa vida.
Reflectirase que a corruptela non rematou no 75 coa morte do ditador, nin no 78 coa aprobación da Constitución, senón que as persoas herdeiras daquel tempo, das empresas e dos cargos, levan máis de 40 anos enchendo o peto con total impunidade baixo a cegueira premeditada de certas institucións e de quen as ocupa.
PROGRAMA
Venres, 26 de novembro |
16:00 h Inauguración por parte das autoridades
16:30 h Antonio Maestre, "O capital e a represión: Franquismo S. A."
17:15 h Xosé Álvarez Castro, "Represión económica, entre a corrupción e o espolio"
18:00 h Pausa para o café
18:30 h Beatriz Busto, "A Galiza em NO-DO. A arquitectura da subalternidade cultural"
19:15 h Proxección do documental Billy de Max Lemcke, coa participación de Miguel Ángel Gómez Gus, vítima de Billy el Niño
Sábado, 27 de novembro |
10:00 h Rebeca Quintás, "Todo atado e ben atado: do franquismo á monarquía"
10:45 h Xosé Ramón Rodríguez Lago, "Igrexa e ditadura. Da estreita alianza ao suposto despegue"
11:30 h Pausa para o café
12:15 h Araceli Freire "Resistir, sobrevivir e loitar polo común nunha longa noite de pedra"
13:00 h Mesa redonda "Cando a herdanza é a memoria"
- Carlos Babío, autor de Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio
- Paqui Maqueda, presidenta da asociación andaluza Nuestra Memoria e integrante da plataforma Gambogaz
- Susana Sánchez Arins, autora de Seique
- Modera Natalia Puga, xornalista do Pontevedra Viva
14:00 h Pausa para comer
16:15 h Partida ao Val Miñor para a Viaxe da Memoria guiada por Xosé Lois Vilar,
Sabarís-Volta das Nove (Baiona)-Oia
20:00 h Regreso a Pontevedra