IV XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA
11 e 12 de novembro de 2022
Pazo provincial da Deputación de Pontevedra
Lista de reproducción dos vídeos no canal de YouTube da Deputación
As IV Xornadas Contra a Impunidade Franquista, organizadas polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, debaterán este 2022 sobre a "demonización" de opcións políticas e ideolóxicas deturpadas polo réxime, logo de falar nas edicións anteriores sobre a impunidade dos crimes da ditadura e da adhesión de varias familias de Pontevedra á querela arxentina, á transición e á corrupción económica do franquismo.
Baixo o título "As ideas furtadas", esta nova edición terá lugar os días 11 e 12 de novembro coa participación de relatoras e relatores como Manu Levin, Pilar Allegue, Fernando Rueda, Aitor Esteban (PNV), Olaia Rodil (BNG) ou Joan Tardà (ERC), entre outras persoas.
A inscrición realizarase por estrita orde de entrada.
PROGRAMA