ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DA CAÑIZA

Identificación

Arquivo municipal da Cañiza
Rúa de Oriente, 11. 36880 A Cañiza
986 651 000 - Fax: 986 651 190
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2809
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 26.197

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1992
Reincorporacións documentais: 1992,2001,2005,2008-2009,2011, 2013, 2014, 2018
Reorganización (novo cadro): 2001
Informatización instrumentos descrición: 2001
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A casa do concello, situada no centro urbano, é unha edificación en pedra reformada e ampliada, cun baixo e dúas plantas, na que desde o exterior destaca a galería corrida, habilitada na planta superior.

O arquivo instálase na planta baixa da casa do concello, logo da súa reforma. Nun principio ocupaba tres salas situadas ao lado da biblioteca e posteriormente incorporouse outra máis ampla na mesma planta.

Este conxunto ocupa 50 m2 e dispón de estantes metálicos para aproveitar ao máximo a instalación documental.

Plano Arquivo municipal da Cañiza