ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE CAMBADOS

Identificación

Arquivo municipal de Cambados
Praza do Concello,1. 36630 Cambados
986 520 902 - Fax: 986 524 866
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 7.079
Nº rexistros inventario descriptivo (base de datos): 52.049

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1987
Reincorporacións documentais: 1987, 1988, 1992, 1998, 1999, 2000, 2004, 2005-2006, 2008, 2009, 2011-2012, 2014, 2015-2016, 2019, 2023

Mapa

O patrimonio documental conservado polo Concello e froito da súa xestión consérvase na casa do concello, edificio de pedra, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, de planta rectangular e perfectamente integrado no conxunto monumental da vila.

O espazo do arquivo municipal localízase no baixo cuberta e accédese desde o primeiro andar, onde se sitúan as oficinas municipais. Conta cunhas axeitadas condicións de habitabilidade, con iluminación natural controlada e con ventilación adecuada.

Distribúese en tres salas comunicadas entre si e cun único acceso, na actualidade ocupa 130 m2 e posúe estantes metálicos de diversas alturas debido á inclinación do teito. Os equipamentos complétanse cunha mesa de traballo e de consulta e cun ficheiro metálico.

A falta de espazo na casa do concello obrigou a trasladar algunhas das unidades de instalación a un local de arquivo complementario situado na rúa lateral do concello, no semisoto do edificio, que anteriormente acollía dependencias xudiciais.

Como o arquivo recibe regularmente documentación xa non queda espazo dispoñible, polo que nos últimos anos a documentación arquivada se deposita no chan, algo inadmisible que debe solucionarse con urxencia.

Plano Arquivo municipal de Cambados