ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.603
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.671

ARQUIVO MUNICIPAL DE CANGAS

Identificación

Arquivo municipal de Cangas
Avda. de Castelao 2 - Cangas - 36940
986300050 – 986300162 - Fax: 986 304.850
Responsable: José Lagoa iglesias

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.372
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 33.385

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1987
Reincorporacións documentais: 2008-2009, 2015
Reorganización (novo cadro): 2008
Informatización instrumentos descrición: 2008

A casa do concello de Cangas, inaugurada a finais de 1995, é un moderno edificio acristalado, unha obra de vangarda que leva o selo do laureado arquitecto Alberto Noguerol del Río.

Presenta unha estrutura cúbica, con semisoto, baixo e dúas plantas, na que predominan os espazos abertos e luminosos para crear un innovador espazo administrativo.

Nos últimos anos o arquivo municipal tivo varias sedes (a Escola de Barbicas, o edificio Escola Taller), moitas veces fóra da propia casa do concello por problemas de espazo. Na actualidade, o arquivo atópase no semisoto da casa do concello, e é accesible desde a planta baixa a través da escalinata ou do ascensor.

Esta planta, con máis de 350 m2, dedícase á conservación do patrimonio documental xerado polo concello. Está equipada con estantes metálicos, tanto tradicionais coma compactados, en salas cerradas ou espazos abertos, tal e como se aprecia no plano.

Dispón dunha mesa de traballo e de consulta, de equipamento informático e de sistemas de regulación da temperatura ambiental.

Plano Arquivo municipal de Cangas