ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.616
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.684

ARQUIVO MUNICIPAL DE CERDEDO

Identificación

Arquivo municipal de Cerdedo
Praza do Concello,1. 36130 Cerdedo
986 753 006 - Fax: 986 753 201
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1407
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 9.688

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1986
Reincorporacións documentais: 1986, 1992, 1999, 2002, 2005, 2009, 2011, 2013, 2016
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999

Mapa

A actual casa do concello trátase dunha construción exenta, en pedra, integrada no contorno dunha ampla praza, distribuída en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta.

O local destinado ao arquivo ocupa a todo o baixo cuberta, que ten pequenos habitáculos laterais para almacenar impresos e materiais e un amplo espazo central, con forma rectangular e distribuído en tres salas comunicadas entre si, que cumpre a función de depósito documental, zona de tratamento e de consulta.

O local ten as condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación axeitadas, así como o equipamento necesario para a súa función de conservación e información documental.

En total ocupa algo máis de 80 m2, nos que se instalaron 100 m de estantes metálicos con rañuras, unha mesa de traballo e de consulta e un ficheiro metálico, tal e como se pode apreciar no plano.

Plano Arquivo municipal de Cerdedo