ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO MUNICIPAL DE COTOBADE

Identificación

Arquivo municipal de Cotobade
Chan-Carballedo, 11. 36856 Cotobade
986 760 001 - Fax: 986 760 130
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.639
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 23.657

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1981
Reincorporacións documentais: 1981, 1982, 1989, 1993, 1996, 2000, 2005, 2008, 2010, 2012, 2016
Reorganización (novo cadro): 1996
Informatización instrumentos descrición: 1996

Mapa

A casa do concello é unha edificación inaugurada en 1978 e remocicada posteriormente para mellorar a súa calidade estética. En xeral, goza dunhas axeitadas condicións de espazo e funcionalidade. Distribúese en baixo, planta e baixo cuberta, ademais dispón dun soto empregado como almacén e garaxe de vehículos municipais.

O local dedicado a arquivo municipal ocupaba todo o baixo cuberta do edificio e contaba cun acceso directo por unha escaleira desde as propias oficinas. Presentaba unha estrutura rectangular perfectamente regular con algo máis de 87 m2 útiles.

Debido á falta de espazo e a determinados problemas estruturais derivados da capacidade de carga do baixo cuberta, houbo que utilizar dúas salas nun edificio multiúsos próximo ao concello para albergar a documentación do arquivo, e procedeuse ao traslado do conxunto da documentación logo de equipalo convenientemente.

Plano Arquivo municipal de Cotobade