ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE MONDARIZ-BALNEARIO

Identificación

Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
Rúa da Constitución, 1. 36890 Mondariz-Balneario
986 656 136 - Fax: 986 662 061
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.052
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 8.988

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1995,1998,1999,2002,2005,2008, 2010, 2013, 2017
Reorganización (novo cadro): 1998
Informatización instrumentos descrición: 1998
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2023

Mapa

O arquivo municipal atópase na casa do concello, edificio exento cun baixo de gran altura e dotado dunha relevante arcada, e dúas plantas, unha delas parcialmente abufardada. O interior deste edificio rehabilitouse na súa meirande parte e acolle os diferentes servizos municipais, ademais da biblioteca, da gardería, do museo e da sala de exposicións..

O local do arquivo atópase nunha sala rectangular, nun dos laterais da sala de exposicións da segunda planta. Neste espazo instaláronse un total de 75 m de andel metálico para colocar as unidades de instalación en caixas de cartón ríxido, que son suficientes para os fondos existentes na actualidade. Aínda que carece de luz natural e ventilación suficiente, dispón dunha mesa de traballo e de consulta.

Plano Arquivo municipal de Mondariz-Balneario