ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO MUNICIPAL DE PAZOS DE BORBÉN

Identificación

Arquivo municipal de Pazos de Borbén
Pazos, 52. 36841 Pazos de Borbén
986 497 035 - Fax: 986 497 146
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.214
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 23.835

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1992, 1994, 2001, 2005, 2008, 2010, 2011, 2013, 2016, 2018
Reorganización (novo cadro): 2001
Informatización instrumentos descrición: 2001
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2023

Mapa

Estes fondos sitúanse na propia casa do concello, unha edificación á que se trasladaron as dependencias e os servizos municipais no ano 2001, entre eles o arquivo municipal, que antes se atopaba no baixo cuberta da antiga sede municipal.

Esta moderna edificación desenvólvese horizontalmente, con abundantes vans e cunha distribución en baixo e planta. Na zona central rómpese a composición verticalmente, cunha elevación do teito e cunha ampla balconada.

O arquivo sitúase na planta baixa, a carón das oficinas e do salón de sesións, nun espazo rectangular de 58 m2, conectada a través dunha escaleira interior con outro espazo da planta superior, concibido inicialmente como zona de traballo e consulta, e no que en 2018 se colocaron estantes para depositar a última transferencia de documentación. Ademais, anexo ao arquivo hai un espazo destinado ao almacenamento de publicacións, boletíns, impresos e outros materiais.

O local conta con todas as condicións de habitabilidade, ventilación, limpeza, control ambiental e iluminación necesarias para conservar a documentación, e co equipamento necesario para o tratamento e a utilización dos fondos existentes, coma estantes metálicos, unha mesa de consulta e un ficheiro metálico.

Plano Arquivo municipal de Pazos de Borbén