ARQUIVO MUNICIPAL DE POIO
 Arquivo municipal de Poio
  Convento s/n. 36995 Poio
 986 770 001 - Fax: 986 771 277
 Responsable: Macarena Ferreiro Soto
 Nº unidades de instalación: 6.100
 Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 38.003
 Organización inicial: 1984
 Reincorporacións documentais: 1984,1989,1993,2001,2002,2004,2005,2007, 2009,2010,2013, 2014,2015, 2019
 Reorganización (novo cadro): 2001
 Informatización instrumentos descrición: 2001
 
 A casa do concello, situada a carón do mosteiro de Poio, trátase dunha edificación exenta, de pedra, distribuída en soto, baixo e planta. Na súa concepción construtiva predomina a horizontalidade e caracterízase polo gran número de vans da súa fachada.
O local do arquivo inicialmente situábase na planta baixa, e accedíase a el a través do vestíbulo. Debido á insuficiencia de espazo, o arquivo trasladouse a unha parte do soto da propia casa do concello, ao que se accedía desde o exterior, logo de rehabilitalo, adaptalo e posteriormente amplialo para que ocupase a práctica totalidade do espazo.
Nestes locais instalouse o equipamento necesario para o almacenamento, tratamento e consulta documental. Na actualidade conta cunhas condicións idóneas de habitabilidade e dispón de estantes metálicos compactados, un aparato deshumidificador, un ordenador, unha mesa de consulta e un ficheiro.
 
  
 