ARQUIVO MUNICIPAL DE VALGA
Arquivo municipal de Valga
Avenida da Coruña, 14. 36645 Valga
986 559 456 - Fax: 986 559 455
Responsable: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 3.226
Nº rexistros inventario descriptivo (base de datos): 28.825
Organización inicial: 1986
Reincorporacións documentais: 1987,1991,2002,2005,2008,2010,2012, 2015
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024
A casa do concello atópase a carón da estrada N-550; inaugurada a principios da década dos anos noventa do pasado século presenta unha planta irregular, en forma de "L", en pedra e con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta; tamén conta cunha ampla superficie para albergar as dependencias, os servicios municipais e o xulgado de paz.
No ano 1991 procedeuse a instalar nesta nova edificación o arquivo municipal, para o cal se reservou a superficie do baixo cuberta, á que se accede na actualidade por escaleira lateral ou ascensor.
Conta este local cunha superficie útil superior ós cento sesenta metros cadrados e coas dotacións necesarias de equipamentos e mobiliario para a conservación, tratamento e consulta do fondo documental; ademais a súa estructura reforzouse e remozouse para soportar o peso da documentación, o que mellorou as súas condicións de habitabilidade, iluminación e ventilación.