ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE VILA DE CRUCES

Identificación

Arquivo municipal de Vila de Cruces
Praza Juan Carlos I, 1. 36590 Vila de Cruces
986 582 095 - Fax: 986 582 492
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.546
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 23.695

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1993
Reincorporacións documentais: 1995,1998,2000,2002,2005,2007,2009, 2011,2013, 2015, 2017
Reorganización (novo cadro): 1998
Informatización instrumentos descrición: 1998
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A actual casa do concello é unha edificación distribuída en baixo e dúas plantas, rematado no ano 1997 xunto cunha praza remozada a carón da anterior sede municipal. Destaca especialmente a gran cantidade de vans, en aluminio verde, e a balconada central.

O local de arquivo ocupa na actualidade unha parte do soto, adicado ata entón a garaxe, logo do seu traslado dende o espacio que viña ocupando na ala dereita do segundo piso, pasando a ocupar un espacio inicialmente non previsto para este fin e cunhas deficientes condicións de luminosidade e ventilación.

Presenta unha forma rectangular con preto de sesenta metros cadrados de superficie total. Conta con mesa de consulta, ficheiro e estantes metálicos, cun total de 304 metros lineais útiles, logo da última ampliación acometida no ano 2017

Plano Arquivo municipal de Vila de Cruces