ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.596
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

A EDITORIAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO


26 de maio de 2014 Editorial

Desde o día 23 de maio a Editorial da Deputación de Pontevedra está presente na Feira do Libro que ten lugar na cidade de Vigo cunha mostra das súas edicións tanto en papel como en formato audiovisual.

Todo o que se achegue á Feira pode consultar de maneira directa a produción bibliográfica máis representativa da Institución provincial ó longo da súa evolución desde que o Servizo de Publicacións se creara hai 28 anos.

Aproveitando esta Feira do Libro como importante plataforma de divulgación, a Editorial ofrece as últimas novidades que acaban de saír á luz e, dada a localización da Feira, cede a primeira liña a aquelas publicacións que se circunscriben máis concretamente á cidade de Vigo e o seu contorno.

A mostra, que se pode visitar no espazo aberto da Praza de Compostela en horario de 10,00 a 14,00h e de 18,00 a 22,00h, prolongarase ata o vindeiro 1 de xuño.

Unha vez máis a Editorial da Deputación de Pontevedra pretende dar a coñecer a todos os cidadáns a súa produción bibliográfica propia como un instrumento máis para achegarmos á nosa cultura.