ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.649
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.476

A Editorial da Deputación na Feira do Libro de Pontevedra


14 de abril de 2015 Editorial

Con motivo da Feira do Libro de Pontevedra, que terá lugar entre os días 14 e 19 de abril na praza da Ferrería de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h, a Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico achegará unha mostra das publicacións que esta institución ofrece a través da súa Editorial no seu continuo labor de apoio á divulgación do patrimonio bibliográfico e cultural da provincia, sinal de identidade desta Deputación.