ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

Carteis do Ateneo de Pontevedra


29 de agosto de 2023 Fondos gráficos
alt=

O Ateneo de Pontevedra, creado entre 1965 e 1966 logo da iniciativa dun grupo de profesorado e intelectualidades da cidade, vén impulsando a vida cultural da capital da provincia durante máis de cinco décadas.

En 2009 a súa documentación administrativa e organizativa foi depositada no Arquivo da Deputación de Pontevedra para a súa custodia. Trátase dun conxunto de 54 unidades de instalación, todas elas en formato papel.

Agora acabamos de rematar o proceso de dixitalización e catalogación de 58 carteis incluídos nesa documentación que dá testemuño non soamente da variedade de actividades convocadas polo Ateneo entre 1990 e 2007 (conferencias, xornadas, presentacións literarias, concursos de vídeo escolar, concertos e outras), senón tamén da calidade intelectual das moitas personalidades que nelas participaron. Nomes como Gonzalo Torrente Ballester, figura senlleira, mesmo como redactor do manifesto de presentación do Ateneo, Xosé Manuel Beiras, Emilio Pérez Touriño, Isabel Allende Bussi, Santiago Carrillo, Ramón Tamames, Víctor Moro, Carlos Oroza e tantas outras persoas dunha lista interminable e inesquecible daquelas figuras que impartiron o seu maxisterio convocadas polo Ateneo.

As imaxes e referencias dos carteis pódense consultar no metabuscador Atopo da Deputación de Pontevedra nesta ligazón

Fotos