ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.649
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.476

Día Internacional do Libro


20 de abril de 2015 Editorial

A Deputación de Pontevedra súmase á celebración do Día Internacional do Libro agasallando cun exemplar do seu fondo editorial a todos aqueles cidadáns que o vindeiro mércores 23 de abril, en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas, visiten as instalacións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (rúa Padre Amoedo, 1).

A difusión da cultura da nosa provincia e os seus concellos é un sinal de identidade da Institución Provincial que vén contribuíndo cunha importante achega bibliográfica propia desde 1940 e que na actualidade abrangue os máis variados aspectos do noso patrimonio cultural (arquitectura, historia, etnografía, xeografía, arte, fotografía, etc).