ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Dispoñible en liña o Boletín Oficial de Galicia


11 de xuño de 2021 Biblioteca

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación ven de incorporar ao metabuscador Atopo os 48 números do Boletín Oficial de Galicia correspondentes ao ano 1833.

Tal e como indica Carré Aldao en A imprenta e a prensa en Galicia, o Boletín ten un carácter eminentemente oficial pero inserta tamén poesía patriótica e novas doutra temática.

Publicado entre setembro de 1833 (Nº 1) e  abril de 1834 (Nº 82), foi substituído polos boletíns das catro provincias galegas.

Os orixinais consérvanse no arquivo municipal de Vigo e a súa consulta en liña é agora posible a través da seguinte ligazón.