ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.645
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.474

Feira do Libro de Vigo 2016

Editorial e Cartoteca na Feira do Libro

06 de xullo de 2016 Cartoteca , Editorial

Con motivo da Feira do Libro de Vigo, que terá lugar entre os días 1 e 10 de xullo de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 22:00 h. na Porta do Sol, a Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico achegará as publicacións editoriais e cartográficas, como mostra das edicións que esta Institución ofrece a través da súa Editorial e Cartoteca, no seu continuo labor de apoio á divulgación do patrimonio cultural da provincia, sinal de identidade desta Deputación.