ATOPO
Rexistros actuais: 1.350.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.006

Fernández del Riego no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico


Del Riego

Recoñecido como unha das figuras máis sobranceiras da cultura galega do seu tempo, o cofundador da Editorial Galaxia e expresidente da Real Academia Galega (1997-2001) foi o elixido polo plenario desa institución como persoeiro homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas 2023.

Como non podería ser doutra maneira, o polifacético intelectual (Vilanova de Lourenzá, 1913–Vigo, 2010) ten presenza nas coleccións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, nas que podemos atopar monografías, artigos de publicacións periódicas, material gráfico, material sonoro ou material audiovisual relacionado coa súa vida e a súa obra.

En total, preto de catrocentas referencias dispoñibles en préstamo ou consulta para todas aquelas persoas que desexen achegarse á figura do autor, prologuista, editor e tradutor, cuxa información pode completarse accedendo á seguinte ligazón no catálogo Atopo.