ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

Letras Galegas 2021


16 de maio de 2021 Biblioteca

Ano tras ano, dende que en 1963 a Real Academia Galega decidira homenaxear a Rosalía de Castro, o 17 de maio é o día no que as nosas letras están presentes en todos e cada un dos ámbitos culturais da nosa comunidade.

Neste 2021 o Día das Letras Galegas está dedicado á poeta, tradutora, editora e profesora Xela Arias (Sarria 1962-Vigo 2003).

Dende o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico sumámonos á celebración e queremos compartir con todas as persoas usuarias os fondos relacionados coa escritora sarriá conservados na nosa biblioteca e que están dispoñibles nas modalidades de préstamo a domicilio e consulta en sala.