ATOPO
Rexistros actuais: 1.620.524
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.727

Nova incorporación documental en Bembrive


26 de xuño de 2025 Arquivos

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico ven de rematar un novo proceso de catalogación, descrición e instalación documental no arquivo da Entidade Local Menor de Bembrive, enmarcada dentro das accións  de asistencia técnica en materia de patrimonio documental na provincia de Pontevedra.

Esta actuación, levada a cabo no mes de maio, supón a finalización do ciclo papel nesta entidade, coa incorporación ao arquivo da documentación administrativa xerada dende a derradeira incorporación no ano 2017. En total foron 110 novas unidades as incorporadas, cun rango cronolóxico desde o 2016 ao 2025.

Desta maneira o arquivo da Entidade Local Menor de Bembrive, sito no propio local da Entidade na Praza do Mosteiro, abrangue na actualidade un total de 737 unidades de instalación e 4.720 agrupacións documentais con documentación entre 1752 a 2025.

Pódese consultar a información pública en atopo.depo.gal, onde tamén dispón do cadro de clasificación actualizado.

Fotos