ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.689
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.410

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez presenta "Memorias dun proscrito", un libro no que Coto Chan da conta do calvario vivido tralo estalido da Guerra Civil


11 de xuño de 2024 Editorial
Rafa Domínguez na presentación do libro

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar "Memorias dun proscrito", un libro coordinado por Xoan Carlos Garrido no que se inclúe o calvario vivido por Coto Chan tralo estalido da Guerra Civil, cando tivo que escapar aos montes de Terra de Montes durante máis de dous anos. A publicación recompila textos históricos elaborados por Marcos Borrageros, unha recreación da vida de Manuel Coto a cargo de David Otero e un texto de Adrián Coto, bisneto do protagonista do volume, que estivo tamén presente no acto de presentación do libro.

"Non é doado ler as "Memorias dun proscrito" de Manuel Coto Chan –asegurou o vicepresidente-, porque achegarse a este texto é obter un testemuño directo, en primeira persoa, dos horrores dunha guerra e das vidas obrigadas a manterse na sombra". Sen embargo Domínguez remarcou a importancia de "manter vivo" este legado "para contribuír a que os episodios máis negros da nosa historia recente non caian no esquecemento".

Fotos