ATOPO
Rexistros actuais: 1.622.509
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.728

Persoal da Deputación actualiza o arquivo municipal de Salvaterra de Miño

Na actualidade conta o arquivo cun total de 4.078 unidades de instalación

09 de xaneiro de 2018 Arquivos municipais

O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de actualización da documentación xerada nas oficinas xestoras e transferida ó arquivo municipal, que dispón dunhas axeitadas instalacións na planta superior da casa do concello.

O arquivo dispón, nunha superficie de noventa metros cadrados, dos equipamentos requiridos para a conservación documental nas mellores condicións, con estantes metálicos, ficheiro, mesas de tratamento e consulta, ventilación e iluminación suficiente, e mais sistemas de regulación de temperatura e humidade ambiental.

Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente en materia de patrimonio documental ó concello de Salvaterra de Miño, polo que se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos. Nela procedeuse á incorporación de 416 novas unidades de instalación, o que supón cerca de sesenta e dous metros lineais de documentación.

Dende o primeiro proceso en 1989, leváronse a cabo un total de oito actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundizando na información ata chegar á informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 4.078 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1831 e 2017, e cunha base de datos formada por 34.239 rexistros que permite a localización de calquera expediente.