ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.617
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.471

Presentación Cousas de nenos


02 de xuño de 2015 Editorial

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, o día 3 de xuño, ás 20.00 horas no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra presentará o libro Cousas de nenos. Unha aproximación á representación da infancia en Cousas da Vida de Castelao no que Diana Vilas e Óscar Rodríguez fan un percorrido a través da historia, da arte e, en especial, das estampas de Castelao pertencentes ás súas Cousas da vida para poñer de manifesto a evolución na concepción e na representación da figura do neno e o mundo da infancia.