ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.689
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.410

A Deputación presenta este martes no edificio do Arquivo a publicación "Xulio Gil. Insercións"

A presentación terá lugar ás 19:30 horas e contará coa participación do vicepresidente provincial Rafa Domínguez

22 de xuño de 2024 Editorial
Xulio Gil. Insercións

O Deputación presenta este martes, 25 de xuño, ás 19:30 horas no edificio do Arquivo a publicación "Xulio Gil. Insercións", coa participación do vicepresidente provincial Rafa Domínguez. Trátase do catálogo da exposición do proxecto "Insercións" do fotógrafo Xulio Gil que estivo en maio deste ano no Museo Torres de Marín.

O catálogo, con textos escritos pola filóloga Isabel Santos Davila, divide as obras en seis apartados: "Homenaxe a Xohana Torres", "IA no bosque", "Gastropatrimonio", "Piñeiros", "Vimbios" e "O mundo de Meijón". Os cinco primeiros teñen como denominador común inserir nun espazo de natureza de carácter amable elementos subxectivos para acadar unha poética en ton non transcendente. O último, da a coñecer as intervencións de José Meijón, Pepiño para a veciñanza de Marín, nos cons e pedras da vila.

Xulio Gil

Licenciado en Matemáticas e docente, comeza a expoñer por vez primeira fotografías no ano 1974 e en 1976 cunha proposta netamente conceptual. En 2013 recolle o Premio da Critica de Galicia na modalidade de Artes Plásticas e ao longo da súa traxectoria ten publicado obras de autor con Méndez Ferrín, Carlos Casares ou Xela Arias, así como libros de arte para diferentes editoriais, unha delas dirixida por Antón Pulido. Ademais, ten exposto de xeito individual en toda Galicia, así como en Madrid, Barcelona, norte de Portugal e sur de Alemaña.