ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.174
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Rafa Domínguez presenta "Deslocando a arquitectura tradicional", o libro de Xosé María Lomba editado pola Deputación de Pontevedra


25 de setembro de 2025 Editorial
Rafa Domínguez presenta

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de presentación de "Deslocando a arquitectura tradicional", o libro de Xosé María Lomba editado pola Deputación de Pontevedra. "Unha publicación na que o autor e a súa filla Xulia fan unha interesantísima contribución á historia da provincia, recuperando a terminoloxía tradicional dos traballos de cantería, poñendo en valor os oficios tradicionais e enriquecendo a nosa lingua", subliñou o vicepresidente.

Domínguez tamén enxalzou a publicación como "extraordinaria guía para arquitectos e profesionais da construción" e puxo en valor o traballo do Servizo de Publicacións da institución provincial que "desde o seu nacemento en 1986 xa editou máis de 800 títulos sobre arte, socioloxía, antropoloxía, natureza, patrimonio documental, poesía, narrativa ou, entre outras temáticas, banda deseñada".

Fotos