ATOPO
Rexistros actuais: 1.332.948
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.503

O IES de Mos acolle este luns a proxección do documental sobre Domingo Fontán impulsada pola Deputación

As 82 rapazas e rapaces do Bacharelato asistirán tamén a unha charla coloquio no que coñecerán a "un dos científicos máis relevantes da historia de Galicia"

Domingo Fontán

O IES de Mos acolle este luns a primeira xornada de proxeccións do documental ‘Fontán, o primeiro rostro de Galicia' sobre o matemático e xeógrafo Domingo Fontán (Portas, 1788 - Cuntis, 1866) e a primeira carta xeográfica galega feita por el. Trátase dunha actividade impulsada polo departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra –dirixido pola deputada María Ortega-, que pretende achegar aos centros educativos un dos científicos máis relevantes da historia de Galicia

A peza audiovisual, destinada a alumnado de institutos e centros de formación profesional , convida a facer un percorrido pola historia e a orografía galega, incluíndo entrevistas de especialistas e nocións sinxelas de matemáticas e xeografía, o que a converte nunha ferramenta didáctica atractiva e multidisciplinar.

O IES de Mos será o segundo centro no que se fará a proxección, que estará acompañada unha introdución e un coloquio posterior, a cargo de parte do equipo realizador (Kaito Estudios). Desta maneira o alumnado, que en Redondela estará formado por dúas clases de Bacharelato, coñecerá a vida do matemático e xeógrafo Domingo Fontán, un dos máis grandes homes que deu Galicia, e reflexionará sobre a importancia do seu Mapa Cartógráfico de Galicia, o primeiro de España realizado con metodoloxía científica e coa tecnoloxía do século XIX, durante 17 anos da súa vida. Coñecerán tamén instrumental para medir distancias e ángulos, similar ó de Fontán co fin de comparalo co que existe na actualidade.

Ademais do IES de Mos o ciclo de proxeccións chegará tamén ao IES de Chapela (Redondela), o CPI Mosteiro-Meis, o CPI Domingo Fontán  (Portas), aos IES de Ponteareas, o CPI Manuel Suárez (O Rosal), o CPI Santa Lucía (Caldas de Reis), o IES Pintos Colmeiro (Silleda), o IES de Pontecaldelas e o IES Poio.