ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.566
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

PONTEVEDRA EN MÚSICA. Agrupacións da provincia

PONTEVEDRA EN MÚSICA
VV. AA. , 2008 , EDPO-001

Este disco editado coa colaboración de Edicións do Cumio contén 22 temas de diferentes estilos musicais interpretados por destacadas agrupacións e artistas actuais da provincia de Pontevedra.

O CD presenta os seguintes bloques: gaiteiros solistas (Iván Costa, Álvaro Novegil, Óscar Ibáñez), grupos de gaitas (Os Terribles, Os Alegres, Noitarega), bandas de gaitas (Manxadoira, Xarabal), pandereteiras (O Fiadeiro, Revenidas, Trompos ós Pés), grupos de música tradicional (Xistra de Coruxo, Ardentía, Pai da Cana), grupos de música folk (Crema de Gaita, Liorna), masas corais (Coral Casablanca, Coro Virxe da Renda), bandas de música (Banda Orquestra da Mancomunidade de Vigo, Banda Artística de Merza) e canción galega (María Montana, Miguel).

Esta publicación contribúe á visibilización das e dos nosos artistas e á difusión da súa música.